23 de abril de 2007

Valladolid



- Llevamos tres años por ahí abajo comiéndonos de todo y es normal esta alegría.

Esta frase, que pode parecer que fala de outra cousa, díxoa un xogador do Valladolid mentras festexaba o ascenso a primeira división. A declaración apareceu en Antena 3.
A miña dúbida é:
¿En qué pensaba o xornalista que escolleu a frase?
Hai moita guasa nas redaccións, paréceme a min...
E sobre todo, ¿qué comeron durante tres anos os xogadores do Valladolid por aí abaixo?

Pensade, pensade...

18 de abril de 2007

6.22


Estas historias pasáronme cando vivía en Fuenlabrada.
Cando estaba alí rara vez compraba o abono mensual de transportes porque non me compensaba para o pouco que saía da casa. Así que cando quería ir a Madrid o que facía era comprar nas máquinas automáticas un billete infantil (válido ata os 11 anos). Así aforraba uns 40 céntimos por billete máis ou menos.

Un día estaba en Méndez Álvaro. Levaba unha chaqueta de cor laranxa moi cantosa e non se me ocorre outra cousa que comprar na máquina un billete infantil. Aquelo estaba cheo de seguratas. Un deles estábame vixiando. Comprei o billete, pasei os tornos tranquilamente e xusto cando paso outro segurata, que previamente fora avisado polo que me controlara, díxome que lle ensinara o tíquet. Pilláranme. Intentei facerme o tonto exaxerando aínda máis o acento galego. Non colou e tiven que pagar 6.22 euros de multa. Todo o que aforrara comprando billetes infantiles non me valera para nada porque o gastei todo na multa. O segurata díxome:
- No eres el primero y no vas el ser el último que haga esto.
¡Gracias polos ánimos, ho!

Outro día ía de Fuenlabrada a Madrid. Cheguei á estación de Méndez Álvaro e dinme conta de que non tiña o billete. Tirárao sen querer. Eu, que do bo que son, son tonto, non se me ocorre outra cousa que contarlle a historia ó segurata. El pensaba que lle estaba mintindo, así que fíxome pagar outros 6.22 euros. Reclamaríalle, pero o autobús para A Coruña marchaba, así que, indignado, paguei a inxusta multa.

A terceira historia, e cun final un pouco máis feliz, foi cando viñeron a Madrid mamá e Patri. Íamos para a Warner Bross e eu, en Atocha, comprara billetes infantiles para todos. Chegamos a Pinto (despois de perdernos e esperar media hora por un tren en Valdemoro) e o segurata de turno díxome que tiñamos tres billetes infantiles e alí só había unha nena. A miña nai escandalizouse. Eu, como xa tiña experiencia nestas situacións, puxen o acento máis galego que tiña, fíxenme o tonto, como se nunca saíra da aldea. Calquer cousa para non ter que pagar 6.22 multiplicado por dous (a miña nai e máis eu). Esta vez colou e o segurata só me fixo ir mercar uns billetes novos.

Á terceira vai a vencida. Dende entón non volvín estafar a Renfe. Non me compensa.

9 de abril de 2007

Coches de choque

Sitúovos: estabamos a miña irmá Julita e eu na Warner Bross hai uns días.
Era o primeiro día da tempada, non había case ninguén no parque e por iso podíamos ir en tódalas atraccións cantas veces quixéramos.
Xa de noite decidimos ir ós coches de choque porque estabamos fartos de tanta montaña rusa. Había pouca xente. Pero esa pouca xente era un grupo de entre 10 e 15 adolescentes xitanos.
Xa os xitanos son difíciles de levar, pero se aínda por riba son un grupo de nenos adolescentes...

Entramos nos coche de choque Julita, eu e uns 8 xitanos.
Comeza a atracción.
Sen querer, o primeiro que fago é chocar contra o cabecilla do grupo, o que tiña máis pinta de malo.
Choquei e díxome:
-¡Uy, la cagaste!

Eu pensei: mira neno, tedes que vir todos vós xuntos e mailos vosos irmáns maiores para darme medo.
Pero, ¿e se viñan?

O cabecilla, despois do choque, berroulle ós outros:
-¡¡¡A por el payo!!!

¡Tódolos xitanos viñan a por min!

Eu facíame o tonto, como se non me dese conta, pero chegábanme golpes por tódos lados. Era imposible non darse conta de que todos me estaban atacando e non precisamente con suavidade e con boa cara.
A situación era como nos debuxos animados: Julita diante, eu detrás dela e 10 adolescentes xitanos detrás de min en manada.

Cansáronse de darme golpes por todas partes. Por fin, despois de dous minutos eternos pitou a serea e fuxín dalí.
Eles, aínda que foran un grupo grande, non me daban moito medo, pero a ver se tiñan ós irmáns por aí e...
Xa sabedes que entre os xitanos iso da honra familiar e racial é moi importante para eles. Tiña medo de que me estivesen esperando todos na saída.
De aí si que non me salvaba ninguén.

Imaxinádeo: Saio da Warner Bross e un grupo de uns 50 xitanos estame esperando para dar unha malleira. Botan a correr e berran:
-¡¡¡A por el payo!!!

29 de marzo de 2007

Miss España

Un ano máis o espectáculo cutre de Miss España volveu á televisión (para que logo digan de Eurovisión... Alí polo menos actualízanse).
Como vén sendo costume dende hai uns anos, Marina D'Or, ciudad de vacaciones acolleu este evento ó que lle poderían chamar Miss tongo, en vez de Miss España.
Pero para tongo, tongo o dos míster, pero ese xa é outro tema.

Despois de ver desfilar en biquini ás 52 candidatas representando a beleza desta grande nación (hai mulleres moito máis guapas na rúa) fíxose o primeiro corte.
Só 26 pasarían e aí chegou un dos grandes momentos da noite: a cara de Miss Valladolid cando lle deron a mala noticia.
Dende agora hai unha nova expresión: Cara miss-valladolid. Dise de aquela persoa que pon cara de asombro, de sorpresa e de indignación cando recibe unha información que non esperaba.
Pensaba que me mexaba por min cando vin aquel momentaaasso.

Continúa a gala. A reporteira do Tomate, que non sei que facía alí, estaba no backstage (parte traseira do escenario) facendo preguntas estúpidas ás desafortunadas misses.
Unha delas, entre bágoas, dixo que non choraba por estar eliminada, senon polas súas compañeiras que pasaran. ¿Pódese ser máis falsa? ¿Alguén creu a esa muller?
Despois dela a reporteira preguntoulle a outra miss de Castilla (parece que aí están as mulleres máis feas do mundo porque é incrible a representación que levan tódolos anos). Probablemente era a máis fea do certame e á do Tomate non se lle ocorreu outra cousa que preguntarlle:
-¿Te ha soprendido tu eliminación?
Eu pensei, a ver que di esta. Pero ela moi honesta dixo que non. Non me extraña miña filla. ¡Vergonza che tiña que dar presentarte!

Despois do momento tongo que foi eliminar a miss A Coruña (era moi guapa) chegou a final.
Alí as seis finalistas tiñan que pasar pola gran proba de falar en público.
Turno de miss Gipuzkoa. Despois do rollo repetitivo que soltan todas dixo:
-Sobre todo se lo agradezco a mi hermana y a mi novio que están aquí conmigo.
E aí chegou o grande momento da noite.
A cámara dirixiuse ó público e viuse á irmá da miss e ó suposto mozo dándose un morreo de varios segundos.
Quedei morto.
¡A irmá e o mozo dándose o lote diante de toda España e, o que é peor, diante de miss Gipuzkoa!
Despois de uns minutos flipando a organización encargouse de sentar ó verdadeiro mozo da miss ó lado da irmá (que, por certo, era máis guapa que a miss). A quen estaba bicando a irmá máis odiada de España nese momento era ó seu verdadeiro mozo, non ó da miss.
Respirei tranquilo.

Se tódolos anos vai ser así eu declárome dende hoxe fan do concurso Miss España.

27 de marzo de 2007

Todólogos

Todólogo é aquela persoa que opina de todo, que cre saber de todo aínda que, en realidade, non saiba nada.
Sempre se dixo que é mellor saber un pouco de todo e non moito de un pouco. Pero hai xente que cre saber demasiado de todo.
Todos algunha vez pecamos diso. Eu o primeiro.
Pero hai verdadeiros expertos na televisión:

O meu ‘favorito’ é Ramoncín (agora queren que lle chamen Ramón porque un todólogo como el non se pode chamar Ramoncín). El sabe de todo.
Boto de menos aquelas noites de Crónicas Marcianas nas que sempre estaba opinando. Profesión: opinador.
¿Sobre relixión? Alí estaba Ramoncín (perdón, Ramón).
¿Sobre política? Ramoncín sabe.
¿Educación? Tamén.
¿Economía? ¿Televisión? ¿Marujeos? ¿Ciencia? ¿Moda? ¿Deportes? ¡Todo! Sabe de todo!
¿Como é posible que un home saiba tanto de todo e estea tan desaproveitado? Por algo será… Ramoncín, un consello: adícate á música, que nin sequera iso fas ben.

Outra todóloga é Belén Esteban. A min esta cáeme mellor (por certo vina en Telecinco e é tan ordinaria ou máis que na tele).
Ela polo menos, a diferencia de Ramoncín, só opina desas cousas que se contan na perruquería, verdulería e tódalas ‘erías’ que poidades imaxinar.
¿Quen sabe máis de marujeos que ela en España? ¡Ninguén!
É gracioso ver o ‘documentada’ que ela vai a xunto Ana Rosa. E, sen dúbida, ten os mellores argumentos: porque-si, ou tamén, porque-o-digo-eu.
Con ela polo menos ríome.

Hai moitos máis dos que poderíamos falar eternamente, pero non hai espacio.
Con isto xa vos podedes facer unha idea do que para min é un todólogo.

Nesta lista están tamén o Conde Lecquio, Jesús del Pozo, a catalana independentista esta (non me lembro do nome), etc, etc, etc.
Unha pila de xente que ten como profesión opinar.
Un todólogo.

20 de marzo de 2007

Mensaxe ós meus fans

Ola queridos fans, admiradores e demáis seres que vos paseades por aquí.
Só quería informarvos de que non estou morto, só que non teño tempo de escribir con tanta clase e prácticas (por certo, podédesme oír en Radio Exterior de España. En internet).

En breve saberedes máis de min, aínda que vos pese.
Seguirei recibindo críticas (por certo, moi numerosas), pero nunca vos deixarei. Débome a vós.

¡Uf! Creo que xa se me está subindo a fama á cabeza. Falo como Bustamante.

12 de marzo de 2007

Mortadela e atún

O meu nariz é como un pequeno baul. Nel podo gardar pequenas cousas.

Un día, cando aínda estaba no Seminario, tíñamos de merenda un deses bocadillos tan ricos de mortadela. Teño que explicar que os bocadillos estaban feitos de pan e dúas lonchas (contadas) de mortadela barata e asquerosa. Todo un manxar, vamos.
Eu, como sempre, collín o meu bocadillo e comino. Un anaco máis tarde sentín no nariz unha grande molestia. Unha dor na parte alta do nariz. Como se tivera un moco enorme. Soeime e soeime ata que saíu. Mirei rápidamente o pañuelo e vin algo como sangre. Pero despois volvín a mirar e resulta que era un anaco de mortadela, que en vez de ir da boca para a gorxa foi da boca para o nariz. ¿Como? Non sei.

Algo semellante pasoume uns anos despois en Madrid. Comín, como sempre, o meu prato favorito: espaguettis con atún. Volvín a ter esa dor no nariz como outrora. Xa nin me lembraba daquela anécdota ca mortadela. Soeime e soeime outra vez. Esperaba atoparme co moco máis grande da historia. Pero non. ¡Era un anaquiño de atún! ¿Como chegou o atún ata o nariz?

Non puiden parar de rir o día que me pasou. ¿Qué será o próximo? ¿Unha pataca? ¿Un anaco de carne? Espero ansioso ese día.