Este verán gracias a ou por culpa das prácticas en La Voz de Galicia coñecín a x (censurado debido á sensibilidade de un grande grupo de xente), unha chavala que se me presentou en Riazor na rolda de prensa posterior ó primeiro partido de Liga do Deportivo.
¿Como é x?
X é dunha aldea de Vimianzo (perdón,
Vimianso) cuxo nome non me quero acordar. X é difícil de mirar (¡toma eufemismo!), sosa, apagada, desganada, encorvada, peluda, paleta e aburrida. Podería decir máis cousas, pero non quero ofender. Polo menos era agradable para falar, porque para mirala terían que cobrar unha tarifa especial.
A nosa relación comezou o domingo 26 de agosto, que por se alguén non o sabe é o día do seu aniversario. Ela encargouse de dicirmo unhas vinte veces, por se se me esquecía de aquí ó ano 2053.
Que se hoxe cumplo 22 anos. Que se que pena que o día do meu aniversario xusto perda o Dépor. Que se que pena que me amargaron o aniversario. Que se que rabia un 0-3 o día no que cumplo 22 anos. ¡Tiña un repertorio interminable!
Que unha persoa xa che pareza cansina o primeira día non é nada bo.
O grande momento da noite chegou antes da comparecencia de Lotina, cando me dixo:
-¿Daríasme, se non é moita molestia, o teu número de móbil…
E eu, que son moi espabilado, adianteime ó final da frase pensando que ía dicir algo así como ‘para que a próxima vez que teñamos unha cousa destas nos avisemos e nos facilitemos o traballo’. Así que eu dixen con ímpetu:
-Si, si, claro que si, toma.
Pero ela rematou dicindo:
-… e así podemos quedar
aljún día para tomar
aljo en Laxe ou en
Vimianso?
¡Placa! Caín para o lado cunha gota enorme.
Claro, eu xa lle dixera que si, así que non me podía volver atrás. O que fixen foi darlle o meu número, facerme crente de tódalas relixións deste mundo e rezar para que ese suposto día non chegara.
O caso é que desde entón, depois de pasárno-los móbiles, recibín varias mensaxes súas e que en moitas películas estadounidenses considerarían acoso. Acoso por ser fea, que se non encantaríame.
E porque aínda non existen os marcos para as mensaxes, que se non poñíalle un. Se vírades aquelo (ca palabra ‘aquelo’ estoume a referir a x), non vos extrañaría o que estou dicindo dela. Toda ela poderíase resumir cas palabras antiestético e antigusto.
Aínda conservo dúas perlas súas no meu móbil como proba para un posible xuízo:
Domingo, 26 de agosto (día D) á 1.41 horas (literal).
¡
Ola! Son x, de Vimianzo e do x (xornal no que traballaba).
Só quería dicirche que foi un pracer coñecerte. Alomenos coñecín a un rapaz simpático nunha tarde de fútbol aburrida (o Dépor perdera 0-3 contra o Almería).
Unha aperta.¡A ver se adiviñades o que lle faltou dicir!
¡Si, un gallifante para vós! Despois de ‘
…unha tarde de fútbol aburrida…’ tiña que incluir ‘
…na que cumplín 22 anos…’!
O comezo foi suave, pero mandoume outras mensaxes que poderían rozar o acoso:
Domingo, 16 de setembro ás 23.35 horas.
¡Ola! Hoxe non te vin en Riazor… ¿Non foches? ¡Que mágoa! (Si, vamos, unha pena enorme).
Apetecíame falar contigo… (Non podo dici-lo mesmo). (Aquí chega un dos grandes momentos)
A ver se un día intercambiámo-los nosos e-mails e/ou quedamos para tomar algo. Estaría ben (Si, si).
Unha aperta. Forza Dépor. (Forza, forza).
E a ver se adiviñades o que lle faltou neste. ¡Moi ben, outro gallifante para vós! Despois de ‘
… quedamos para tomar algo…’ tiña que dicir ‘
… e así celebramo-lo meu 22 aniversario…’!
Evidentemente fíxenme o sueco e pasei dela porque sabía que non a ía volver a ver. Días máis tarde mandaríame outras mensaxes preguntándome se estaba enoxado con ela, ou algo así.
Ó final mandeille unha explicándolle que marchaba para Londres e que ía ser imposible a nosa
relasión de
amijos e-mail-teléfono
Vimianso-Laxe. Unha pena, vamos. A pobre
rapasa quería
lijar cun pesco
juapo e jarboso e non lle saíu ben. ¡Mecachis!
Se cadra, se fora outra rapaza estaría babeando, pero como era máis fea que pegarlle a un pai, non quería saber nada dela. Lástima non ter unha foto para mostrárvola e así daríadesme toda a razón. É cruel, xa o sei, pero todos faríamo-lo mesmo.
A miña dúbida despois de todo este rollo é, ¿considérase isto acoso?