17 de marzo de 2009

N29 V (25 pounds)

Xa botabades de menos as aventuras do N29, ¿non si?

Isto pasou uns días atrás. Era unha viaxe normal na liña máis anecdótica de Londres despois dunha xornada de traballo, cando unha parada antes da estación de metro de Turnpike Lane sóbense dous rapaces (un italiano e un español) e unha rapaza (española).

Antes de nada quérovos explicar, para os que non o saibades, que a estación de Turnpike Lane é a anterior a Wood Green (onde eu vivo). En realidade, a miña casa fica a medio camiño entre as dúas estacións. Para que vos fagades unha idea, Turnpike Lane sería Santiago, Wood Green sería A Coruña, e a miña casa está en Laxe. ¿Entendido así? Entre ámbalas dúas debe haber uns 500 metros, un paseo que se fai perfectamente nuns dez minutos camiñando.

Pois o trío en cuestión, montouse xusto antes de Turnpike Lane falando das súas cousas, entre outras, que ían parar pouco despois de Wood Green. Se o fixeran andando, levaríalles un cuarto de hora. Pero esa noite decidiran coller o autobús. Mal feito.
Xusto na parada seguinte, ou sexa Turnpike Lane tube station, subiron tres revisores para comprobar os billetes do persoal. Normalmente, encántame ese momento porque os negros vense negros (vala a redundancia) para buscar unha escusa para non pagar.
Pero ese día non lle tocou ós meus amigos africanos e caribeños, senón ó trío que acababa de entrar.
A rapaza, María (sóubeno porque non paraban de repetir o seu nome), rapidamente díxolle ó rapaz español:
-Tío, yo no cliqué cuando entré. ¿Y tú?

Non. El tampouco clicou, quixen dicirlles eu, mentres facía que lía un libro.

-Tío, qué fuerte, que yo no cliqué y nos han pillado, insistiu María.
Aí debeu ser o momento no que se me escapou o primeiro sorriso.

Entón, un dos revisores acercouse a eles, pediulles as Oyter (abono transporte) e comprobou que, efectivamente, non clicaran.

-The fine is gonna be ....(barullo do autobús) five pounds, dixo o revisor tranquilamente.
-What!?!?!?! Five pounds!!!!!!!, berrou María indignada e sorprendida.
-No, no, no, respondeu o revisor. María suspirou tranquila por medio segundo. I said twenty five pounds, dixo o home, remarcando a palabra twenty.

Nese momento a María caéuselle o mundo enriba e a min creo que se me escapou unha gargallada. A rapaza tiña que pagar 25 libras por unha viaxe que normalmente custa 90 peniques e que ben se podía facer a pé. Pero por preguiceiros, mangoleteiros e demais sinónimos de vago, tiveron que pagar o que normalmente pagarían por un mes.

-¿Tú tienes suelto, tío? ¡Qué fuerte! No sé si tendré suficiente, dicíalle María ó seu amigo. Tengo un billete de diez y uno... dos... tres... cincuenta... cuatro...veinte...treinta... ¿Me dejas 70 peniques? ¡Qué fuerte, tío! Yo lo flipo. Y así son cinco...
E vai e dállos ó revisor.
Por se non fixestes as contas, María deulle quince libras. El, obviamente, deuse conta e díxolle:
-And another one like this, dixo o señor mentres ondeaba o billete de dez libras que ela lle dera.
-Another one?!?!?!, berrou ela estrañada como se a pillara por sorpresa.
-Yes. It’s 25 pounds, please!, repetiu o señor.
Ela, resignada, tivo que admitir que iso de facerse a parva non colaba e deulle outro dos billetes alaranxados ó revisor.

María and friends probablemente gastaron máis en multas que en festa esa noite.
Seguro que a próxima vez preferirán ir no coche de San Fernando, e así, de paso, fan algo de exercicio e dálles o airiño da xeada, que iso sempre vén ben.

24 de febrero de 2009

Fumar

Eu non fumo, xa o sabedes. En toda a miña vida, se sumamos tódalas caladas que dei, poderíase dicir que fumei (mellor dito, inspirei intentando non tusir) o equivalente a un ou dous cigarros. Non máis (agora é cando Naty diría: y la calada al porro el día de mi cumpleaños). Pois iso, un ou dous cigarros y la calada al porro el día de su cumpleaños.

Pero no verán pasado todo cambiou.
Nas miñas memorias xa podo incluír a miña etapa de fumador.
Nun dos meus últimos días traballando no hotel (remontámonos a abril ou maio de 2008) atopei unha caixiña de dez cigarros aberta abandonada enriba dunha das mesas do bar. Quedaban uns sete ou oito, así que eu collinos e leveinos comigo, como se de un fumador empedernido se tratara. Porque en Londres non están as cousas como para ir estragando nada.

Non foi ata varios días despois cando fumei o primeiro cigarro no meu cuarto, medio ás agochadas, para que ninguén se decatara de que eu estaba a fumar. Estaba na fiestra e tiña a sensación de que tódolos veciños me estaban a ollar mentres se rían de min, ou mentres intentaban buscar o nome da miña nai nas Páxinas Amarelas para chibarse (Eeee...Eeelll...Eellli...Eli! Velaquí está! Vouna chamar e chibarme!). Sentíame como o adolescente que fuma cos amiguetes e sen que os pais saiban nada.

Ese foi o meu comezo como fumador.
Os outros sete cigarros fumeinos xa no verán. E, claro, como de tabaco non entendo, eu fumábaos, pero os cigarros debían estar picados desde había ben tempo.
Encantábame volver do traballo, nesas noites de verán na terraza e, ás escuras e sen présas, fumar un pitilliño. Foi entón cando comprendín o pracer que senten os fumadores co cigarro de despois de comer, co de despois de manter sexo, co de antes de ir durmir, co do café, con ese que fumas simplemente porque todos fuman... aínda que ningún deses era o meu caso.

Non lle daba xeito ningún, non sentía verdadeiro pracer, quedábame un mal sabor de boca, parecía atrasado mental intentando facer oes co fume, cheirábanme as mans, estábame matando, contaminando e preocupando a Alexia.
Pero eu fun feliz co meu cigarro naquelas sete noites de verán.

Agora, cando o recordo, sempre se me escapa un sorriso ó pensar o parvo que fun.

19 de febrero de 2009

Pai ós trece

Un neno é pai con só trece anos.

Con esa exclusiva, cortesía do sempre serio e respectado xornal The Sun, espertabámonos os británicos (eu inclúome no saco) uns días atrás.
Que escándalo! E eu que pensaba que a miña nai apurara moito!

O curioso é que a nai da criatura (refírome ó bebé) pasou completamente desapercibida, como se fose a cousa máis normal do mundo parir ós quince anos.
E, ante semellante escándalo, faltoulle tempo ó resto de medios para poñerse a falar, criticar, xulgar, opinar, responsabilizar e condenar por algo que comeza a ser habitual nesta sociedade.
Expertos nisto, expertos naquelo, expertos en non sei que e en non sei que máis, enchían espacios na BBC News, SKY News, The Times ou The Guardian mentres o neno (o de trece anos) aseguraba que ía ser un bo pai (do bebé).

Cando xa parecía que non había máis chicha na historia, un días despois encóntrome na portada do diario gratuíto The London Paper o seguinte titular:
‘Papá-neno: Fareime a proba do ADN’
E subtitula: ‘Outros dous adolescentes din ser os pais do bebé’.

Con ese titular ninguén se pode resistir e continuar lendo.
Embaixo, aparecen as fotos de tres nenos e o pé de foto di:
‘¿Quen é o papi?: Alfie Patten, 13, Tyler Barker, 14, ou Richard Goodsell, 16’

¿A alguén realmente lle interesa a estas alturas quen é o pai? A min, sinceramente, non moito. Interésame moito máis coñecer a vida da nai, esa nena de quince anos que fornicou con canto adolescente había na zona.

Paso a traducirvos a noticia enteira que, por certo, non ten desperdicio.

‘O papá-neno Alfie Patten farase a proba de ADN para demostrar que el é o pai de Maisie, a filla da súa moza. O rapaz de trece anos anunciouno despois de que outros dous rapaces dixeran que eles eran os pais de Maisie.
Richard Goodsell, de 16 anos, e Tyler Barker, de 14, aseguraron que eles deitáranse ca nai do bebé, Chantelle Steadman, nos últimos nove meses.
Chantelle, de 15, púxose a chorar cando os rapaces, que viven na súa urbanización en Eastbourne, fixeron a declaración.
Alfie, de só doce anos cando o bebé foi concibido, dixo: ‘’Cando Chantelle se enterou de que ía ter o bebé, eu pregunteille se eu era o pai. Ela dixo que si, así que eu crinlle.’’
O escolar de 1,20 m. de altura engadiu: ‘’Eu non sabía nada sobre probas de ADN, pero a miña nai explicoume que é cando sacan saliva e dinche se es o pai. Así que, se o fago, todos poden calar.’’
O portavoz da familia, Max Clifford, confirmou: ‘’Farase unha proba de ADN’’.
Chantelle dixo: ‘’Amo a Alfie, perdín a miña virxindade con el. Non houbo ninguén máis’’.
Pero o aprendiz de cociñeiro Richard dixo: ‘’O bebé ten os meus ollos. Mesmo a miña nai pensa iso’’.
As familias dos pais adolescentes foron acusados de intentar beneficiarse economicamente da historia. Os servicios socias enfróntanse a varias reclamacións por descoidar á parella’.

Ocórrenseme tantas cousas que dicir que podería facer varios capítulos.
Vou deixar que vós opinedes mentres eu intento asimilar esta noticia.

Eu só vou dicir unha cousa: Rafa e Patri tede moito coidadiño co que facedes por aí.

28 de enero de 2009

Seguro de vida

O que non me pase min, non lle pasa a ninguén.
Vale, xa sei que me repito no comezo dunha historia, pero é que é verdade.

Un día tiven que ir facer o banking, que é levar os cartos gañados no restaurante o día anterior ó Post Office (Correos). Para aclarárvolo: neste país podes facer de todo tanto nos Post Office como nas bibliotecas. Valen tanto para un roto coma para un descosido. Poslle un posto de hamburguesas e xa non fai falta saír de alí.

Despois de facer a miña correspondente cola (un dos deportes nacionais xunto co fútbol, o rugbi, o críquet e queixarse), dirixinme a unha das ventanillas para que me contaran os cartos. Tiven a mala sorte de que me tocara un señor de orixe paquistaní (unha das nacionalidades que odio, xunto con españois, italianos, polacos, indios, chineses, xaponeses e negros en xeral).
Nesta ocasión, o home portouse ben e fixo o banking bastante rápido.

Chegou entón o momento clave.
Mentres me mostraba un papel que dicía Life insurance (seguro de vida), con cara seria e con ton de predicador estadounidense, preguntoume:

-¿Canto custa a túa vida? (¡Atención á pregunta de quinto de filosofía!)

Eu intentei escaquearme de forma educada, pero non houbo forma.

-Non, non marches. ¿Dime, canto custa a túa vida?, insistiu o paquistaní.
-Moito. Non hai cartos para pagala, contestei eu.

O seguro de vida que me pretendía vender está destinado a persoas de entre 25 e 55 anos. O señor viume co disfraz de manager e debeu pensar que eu era máis vello.

-¿Cantos anos tes?, preguntoume.
-24, dixen eu.
-Ok, digamos que tes 25.

A ver señor, díxenlle que teño 24, non 25, pensei mentres intentaba aguantar a risa.

-¿Es fumador?, continuou el.
-Non, respondín.
-Pois con 25 anos (¡que teño 24!, pensei), e non sendo fumador, por só cinco libras ó mes tes un seguro de vida por se morres (¡que bo rollo!). O meu compañeiro que está alá atrás pódeche dar máis información.

Eu díxenlle que si como ós parvos, collín o papel e intentei marchar.
Pero adiviñade, ¿quen estaba xusto detrás de min cando me din a volta disposto a explicarme todo e máis sobre os seguros de vida?

Pois estaba o seu compañeiro (tamén paquistaní, ou indio, ou daquela zona) Jitendra Mehta-Product Specialist (nome e cargo reais), ca súa tarxeta, listo para darme todo luxo de detalles.

Comeza o cuestionario:

-¿Cantos anos tes? (Xa estamos outra vez ca mesma historia).
-24, dixen eu farto da preguntiña.
-Ok, digamos que tes 25, ¿vale?
-Vale (se eles queren que teña 25, teño 25 y sanseacabó).
- ¿Es fumador? (Por favor, que se salte esas preguntas)
-Non
-¿Sabías que por só cinco libras ó mes bla, bla, bla, bla, bla...? (Claro que o sei).
-Si, pero non estou interesado, gracias.
-Pero espera. ¿Es residente no Reino Unido?
-Non.
-¿Está a túa familia aquí?
-Non.
-¿Vai vir algún familiar teu vivir aquí proximamente?
-Non.
-¿Mándaslle cartos os teus familiares?
-Non. (¡Que non son paki, nin negro, nin sudaca, nin polaco, coño! Que conste que teño amiguetes de todos eses orixes e razas. Eu dígoo con cariño).

Ante tanta resposta negativa, Jitendra Mehta- Product Specialist quedou fóra de xogo e só puido gardar silencio sen saber como continuar.
Aí chegou a miña oportunidade para escaquearme, así que díxenlle:

-I think I’m not the target of this offer. Sorry.

E non lle quedou máis remedio que deixarme marchar.

Ramón 1 - 0 Jitendra Mehta-Product Specialist
Todo isto pásame por levar pintas de inglés con camisa e pantalón de vestir. Se fora con tenis e pintas de turista, seguro que era máis feliz.

17 de enero de 2009

Mala pronunciación

Que importante é aprender a pronunciar ben un idioma e non só memorizar palabras a reo.
Sobre todo se nos referimos ó inglés, no que se comen letras cando falan e pronuncian unha mesma vocal de varias formas segundo vaia acompañado de unha ou outra letra.

Desde fai un par de meses temos un novo General Manager en La Tasca (Joe, de orixe irlandés, pero criado en Londres). Eu méxome de risa con el, cos seus xestos, ca súa ironía e os seus vaciles. Un personaje en toda regra que ten que disfrazarse de xefe unhas horas ó día para gañar o soldo.
O pobre moito español non sabe (ou iso creo) e, por suposto, o pouco que sabe non o pronuncia moi ben.
Unha das poucas cousas que sabe dicir en castelán (ademais dos pratos e bebidas) é ‘por favor’. Pero, seguindo a regra do inglés británico de non pronunciar a –r en final de palabra, el pronuncia ‘po favó’ cun marcado British accent.
Un día estabamos os dous na oficina falando de todo e nada cando el me solta un dos seus ‘po favó’. Xa sabedes que a min gústame corrixir máis que a un tonto un lapis, así que ese día non me resistín e díxenlle:

-Joe, in Spanish we don’t eat the ars. (Traducción para Rosa: Joe, en español non comemos as erres).

El miroume estrañado, como se non me entendera.

-We don’t eat the ars!, repetín eu a modiño.

Pero el continuaba ca súa cara de incredulidade, así que expliqueillo:

-You always say ‘po favó’ instead of ‘por favor’

El, entón, respirou aliviado e díxome:

-Ah, I understood you don’t eat the arse! That’s very personal, Ramón! (Rosa: Ah, entendinche que vós non vos comedes o cu. Iso é algo moi persoal, Ramón).

Para que vexades que unha soa letra e unha mala pronunciación poden cambiar completamente o sentido dunha frase.

N91

Non tódalas liñas de autobús en Londres son tan cutres coma a N29.
Existe tamén a N91 (que non é que sexa o colmo do glamour, nin moito menos), pero no que de vez en cando pasan cousas boas (algo impensable na N29).

É unha parvada, pero alguén que te faga sorrir ás tres e pico da mañá en Londres, co frío que facía e despois dunha longa xornada de traballo, ben merece un pequeno oco neste blog.

O autobús ía cheo, como é típico nunha fin de semana, e eu ía na parte de riba.
Unha parella (el branco, ela de orixe indio) subiu ó piso superior, pero tiveron que quedar de pé xa que tódolos asentos estaban ocupados.

Despois duns cantos bicos e arrumacos a rapaza soltou ó mozo e, dirixíndose á audiencia cun bonito sorriso e unha voz moi aguda, berrou:

-Hello, guys! Today is my birthday and I want to celebrate it with all of you! Anybody wants a chocolate?
E púxose a pasear polo autobús repartindo bombóns mentres o seu mozo (ou amante, ou irmán adoptivo con moito dereito a roce) miraba para ela sorrindo e os pasaxeiros lle desexaban un Happy birthday!

Feliz aniversario, anglo-india descoñecida que me fixo sorrir.