2 de agosto de 2010
20 de julio de 2010
Bicos de nai
Que ós españois non se lles dá moi ben iso de falar outras linguas está máis que demostrado e seguro que todos tedes moreas de exemplos na vosa cabeza. Aquí vouvos poñer un máis dos milleiros que hai.Fai uns meses estaba escoitando a Cope (non me preguntedes por que). Era un programa calquera, cunha presentadora calquera que de inglés so coñecía as palabras parking, stop e hello (léase ‘jelou’).
Despois dun sermón sobre non sei que, deu paso a unha canción de $%&=@3!// (non escoitei o nome do/a cantante ou grupo) que se chamaba ‘Bicos de nai’.
Ah, pensei eu estrañado, van poñer música galega na Cope. E a presentadora debe de ser galega porque pronunciou moi ben o título: ‘Bicos de nai’. Que bonito.
Prestei toda a miña atención para escoita-la canción e adiviñar de quen era.
Comeza a canción. Os primeiros acordes sóanme. Sóanme moito. Comezo a tarareala. Sóame demasiado...
De súpeto, dinme conta. Iso non era ‘Bicos de nai’, era ‘Because the night’ de Patti Smith.
Só podía facer unha cousa: rirme moito doutra española pepeira ignorante.
Outra vaca máis no millo.
26 de junio de 2010
25 de mayo de 2010
Eurovisión 2010
Un ano máis, esta vez máis tarde que nunca, volve o maior festival de música do mundo: Eurovisión.Oslo acolle a 55 edición despois de que o seu representante do ano pasado gañase en Moscova ca maior puntuación da historia (a máis de cen puntos de diferencia do segundo).
Despois dunha década, o festival volve a un país occidental, moderno, rico e que xa gañara anteriormente (nos anos 85 e 95).
Noruega recibe a un festival afectado pola crise económica. Se cadra por iso, o nivel deste ano é, segundo a miña opinión, un dos peores dos últimos anos. Cheo de baladas, bastantes cancións malas e pouca innovación en xeral. Semella que ninguén quere gañar este ano porque sabe que, se o fai, a que se lle vén enriba é tremenda.
As favoritas nas apostas desta edición son, despois de moitos anos, os países occidentais: Alemaña, Dinamarca ou Noruega, entre outros. Pero, por riba de todas elas está a súperfavorita Azerbaián, un país empeñado en gañar para que o mundo saiba situala no mapa. ¿Veremos Eurovisión 2011 en Baku?
Eu, entre outras, aposto por Estocolmo, Tallin ou Bruxelas 2011. Por esa orde, Suecia, Estonia e Bélxica son as miñas favoritas, por ser cancións nada típicas en Eurovisión e por apostar pola calidade, aínda sabendo que é moi arriscado para un festival no que prevalece, por sorte cada vez menos, o espectáculo.
Compartide o momento! Share the moment!
11 de mayo de 2010
Negro alterado
Volvíamos Carme (unha compañeira do máster) e máis eu para casa no metro unha noite calquera. Na parada de Legazpi tiñamos que facer transbordo. Polo corredoiro do metro, entre a xente, ía diante nosa un negro golpeando de cando en vez, de forma violenta, todo aquelo que atopaba. Xa coincidiramos no mesmo vagón antes de chegar a esa parada e xa o negro ía montando o espectáculo batendo forte nos cristais. Realmente daba un pouco de medo, pero é relativamente normal atoparse con xente estraña en cidades coma esta.De súpeto, perdemos ó negro de vista. Esquecémonos del. Carme e eu separámonos porque cada un ía nunha dirección. Cando por fin chegou o meu tren, subinme e situeime no medio do vagón, de pé porque ía cheo de xente, entre os asentos, agarrado ó ferro que hai no centro. Había un asento baleiro xusto diante miña e estiven a piques de collelo, pero nese segundo de dúbida unha persoa adiantóuseme. Negro tiña que ser, pensei. Decateime de que era o mesmo negro que ía batendo en todo canto atopaba e que perdera de vista facía dez ou quince minutos.
Só había dúas paradas ata a miña casa. Arrancou o tren.
Hai xente que se marea nos coches, nos autobuses, nos barcos e mesmo nos avións. Pero vese que isto dos mareos non ten límites e hai a xente que tamén lle pasa no metro.
Ben, iso ou que levaba unha melopea enriba sen xeito ningún. Porque ós poucos segundos de poñerse en marcha o tren, o negro comezou a vomitar coma un descosido.
Lembrade que o negro estaba xusto enfronte miña e nin se molestou en apartarse. Obviamente, fuxín de alí como puiden.
Sorprendentemente, non me caeu nada de vómito enriba. E iso que era a persoa que máis preto estaba del. Estrañoume tanto que mirei varias veces se me manchara. Mesmo cando cheguei a casa fixen un repaso á roupa, e nada. Ás veces as milagres existen.
Pero o máis curioso foi que, malia que o vagón estaba completamente cheo, a xente apertouse coma sardiñas para que o vómito non os alcanzase. Saltaron (saltamos) no aire!
Alí quedou o negro, vomitando en soidade. Cando parecía que xa non podía expulsar máis, volvíalle a dar unha arroutada (tipo a nena do Exorcista) e vomitaba. Así unhas cinco ou seis veces. En cada unha delas escoitábase o son dun líquido mesturado con sólidos golpeando no chan, e un ‘aggghhhh’ a coro dos viaxeiros do metro. Unha situación moi agradable.
Por certo, o negro esa noite ceara macarróns con carne picada.
E outro dato: ese home non mastica a comida porque lle saían os macarróns enteiros. Se a alguén non lle dera noxo, podía colle-los macarróns do chan, pasarlles unha auguiña e volvelos a comer, porque estaban en perfecto estado.
Se cadra o negro ese facía coma nós no comedor do colexio: competicións para ver quen tragaba máis macarróns xuntos sen masticar.
El debeu se-lo gañador esa noite.
Parabéns, negro.
5 de mayo de 2010
13 de abril de 2010
De paseo polo polígono
Xoves. Faltaba un día para marchar de vacacións de Semana Santa. Eses últimos sete días foran moi duros porque me tocara dirixir un programa do máster. De feito, o día anterior quedara afónico despois de espirrar (a xente explicoume que ás veces pasa que ficas afónico polos nervios ou estrés). Levaba varios días durmindo moi pouco e traballando moito, pero era a última noite en Madrid antes das vacacións e quería aproveitala, así que fun tomar algo con algúns compañeiros despois das clases.Segundo ía pasando a noite a miña afonía aumentaba e mesmo, por momentos, nin podía falar. Tiña que murmurar no medio de todo o barullo. Pero a min dábame igual.
Tomamos varias cañas, convidáronnos a un vermú, bebín a cervexa quente que tiña do comedor e fomos a non-sei-onde facer non-sei-que. Tanto dá.
Só lembro que estaba tan esgotado que decidín marchar. Eran as 3.30 da mañá e tíñame que erguer ás 7.30 para ir ó último día de prácticas na radio. Só faltaban catro horas.
Ás 3.40 cheguei a Cibeles para colle-lo ‘búho’ (moucho) que me levara a casa.
Ás 4.00 por fin saíu. Máis ou menos en quince minutos debería estar na casa.
Estaba esgotado... Moi esgotado...
Esperto. Non vexo a ninguén. Miro arredor. Ninguén. Levántome e coa miña voz afónica pregúntolle ó conductor se fai moito tempo que pasamos polo hospital 12 de Octubre (onde eu vivo). Resposta do conductor:
-Uuuuuuyy! Ya hace mucho que lo pasamos!
Pensei: vale, séntate, Ramón, que este autobús baixa, pero despois ten que subir ata o centro de Madrid. Así que senteime e esperei.
Un minuto despois o autobús frea. E escoito:
-Chaval, fin del trayecto. Tienes que bajarte aquí.
Intentei convencer ó conductor de que me deixara ir con el ás cocheiras. De que un polígono industrial nunha zoa perigosa de Madrid ás 4.40 da mañá non era o mellor lugar para estar só esperando o seguinte autobús. Pero tanto lle deu. Díxome que baixara, que ás 5.00 pasaría outro.
Baixei. Esperei vinte minutos eternos papando frío. Alí estaba eu, nun polígono industrial escuro e solitario, e sen saber seguro se pasaría por alí outro autobús antes de que alguén me violara.
5.00h. Chega un autobús. A miña salvación. Frea. Abre a porta. Saúdo ó conductor. El olla para min sorrindo. Era o mesmo que vinte minutos antes me deixara alí tirado. Senteime e non volvín ficar durmido ata que cheguei á miña camiña. Eran as 5.45 horas.
7.30h. Soa o espertador...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




