30 de noviembre de 2007

Acoso

Este verán gracias a ou por culpa das prácticas en La Voz de Galicia coñecín a x (censurado debido á sensibilidade de un grande grupo de xente), unha chavala que se me presentou en Riazor na rolda de prensa posterior ó primeiro partido de Liga do Deportivo.
¿Como é x?
X é dunha aldea de Vimianzo (perdón, Vimianso) cuxo nome non me quero acordar. X é difícil de mirar (¡toma eufemismo!), sosa, apagada, desganada, encorvada, peluda, paleta e aburrida. Podería decir máis cousas, pero non quero ofender. Polo menos era agradable para falar, porque para mirala terían que cobrar unha tarifa especial.

A nosa relación comezou o domingo 26 de agosto, que por se alguén non o sabe é o día do seu aniversario. Ela encargouse de dicirmo unhas vinte veces, por se se me esquecía de aquí ó ano 2053.
Que se hoxe cumplo 22 anos. Que se que pena que o día do meu aniversario xusto perda o Dépor. Que se que pena que me amargaron o aniversario. Que se que rabia un 0-3 o día no que cumplo 22 anos. ¡Tiña un repertorio interminable!
Que unha persoa xa che pareza cansina o primeira día non é nada bo.

O grande momento da noite chegou antes da comparecencia de Lotina, cando me dixo:
-¿Daríasme, se non é moita molestia, o teu número de móbil…
E eu, que son moi espabilado, adianteime ó final da frase pensando que ía dicir algo así como ‘para que a próxima vez que teñamos unha cousa destas nos avisemos e nos facilitemos o traballo’. Así que eu dixen con ímpetu:
-Si, si, claro que si, toma.
Pero ela rematou dicindo:
-… e así podemos quedar aljún día para tomar aljo en Laxe ou en Vimianso?

¡Placa! Caín para o lado cunha gota enorme.
Claro, eu xa lle dixera que si, así que non me podía volver atrás. O que fixen foi darlle o meu número, facerme crente de tódalas relixións deste mundo e rezar para que ese suposto día non chegara.

O caso é que desde entón, depois de pasárno-los móbiles, recibín varias mensaxes súas e que en moitas películas estadounidenses considerarían acoso. Acoso por ser fea, que se non encantaríame.
E porque aínda non existen os marcos para as mensaxes, que se non poñíalle un. Se vírades aquelo (ca palabra ‘aquelo’ estoume a referir a x), non vos extrañaría o que estou dicindo dela. Toda ela poderíase resumir cas palabras antiestético e antigusto.

Aínda conservo dúas perlas súas no meu móbil como proba para un posible xuízo:

Domingo, 26 de agosto (día D) á 1.41 horas (literal).
¡Ola! Son x, de Vimianzo e do x (xornal no que traballaba). Só quería dicirche que foi un pracer coñecerte. Alomenos coñecín a un rapaz simpático nunha tarde de fútbol aburrida (o Dépor perdera 0-3 contra o Almería). Unha aperta.
¡A ver se adiviñades o que lle faltou dicir!
¡Si, un gallifante para vós! Despois de ‘…unha tarde de fútbol aburrida…’ tiña que incluir ‘…na que cumplín 22 anos…’!

O comezo foi suave, pero mandoume outras mensaxes que poderían rozar o acoso:

Domingo, 16 de setembro ás 23.35 horas.
¡Ola! Hoxe non te vin en Riazor… ¿Non foches? ¡Que mágoa! (Si, vamos, unha pena enorme). Apetecíame falar contigo… (Non podo dici-lo mesmo). (Aquí chega un dos grandes momentos) A ver se un día intercambiámo-los nosos e-mails e/ou quedamos para tomar algo. Estaría ben (Si, si). Unha aperta. Forza Dépor. (Forza, forza).
E a ver se adiviñades o que lle faltou neste. ¡Moi ben, outro gallifante para vós! Despois de ‘… quedamos para tomar algo…’ tiña que dicir ‘… e así celebramo-lo meu 22 aniversario…’!

Evidentemente fíxenme o sueco e pasei dela porque sabía que non a ía volver a ver. Días máis tarde mandaríame outras mensaxes preguntándome se estaba enoxado con ela, ou algo así.

Ó final mandeille unha explicándolle que marchaba para Londres e que ía ser imposible a nosa relasión de amijos e-mail-teléfono Vimianso-Laxe. Unha pena, vamos. A pobre rapasa quería lijar cun pesco juapo e jarboso e non lle saíu ben. ¡Mecachis!
Se cadra, se fora outra rapaza estaría babeando, pero como era máis fea que pegarlle a un pai, non quería saber nada dela. Lástima non ter unha foto para mostrárvola e así daríadesme toda a razón. É cruel, xa o sei, pero todos faríamo-lo mesmo.

A miña dúbida despois de todo este rollo é, ¿considérase isto acoso?

13 de noviembre de 2007

Propina

O día 12 de outubro (nada que festexar) estabamos Julita e eu na Habana dispostos a coñecer un pouco máis desa cidade. Pero tras pasa-la mañá na piscina como cada día, a miña irmá pediume que quedáramos no hotel porque ela encontrábase mal.
Antes disto pedíramos algo para comer (como podedes ver na foto de abaixo) mentres disfrutábamos do clima cubano.
Julita marchou para o noso cuarto e eu quedei só.

Cando acabei de comer, pedinlle ó camareiro que me trouxera a conta, e depois dun certo tempo (o ritmo cubano é unhas dez veces máis lento que o español e unhas vinte veces máis que o galego) chegou con ela.

Creo recordar que eran uns 12.80 CUC (peso cubano convertible), así que o troco eran 7.20 (un billete de 5 CUC, dúas moedas de 1 CUC e outras dúas de 10 centavos).
O camarareiro, moi amable el, tróuxomo xunto ca factura e unha carpetiña.

En Cuba e moi típico deixar propina. Déixase propina en todo, mesmo se che rouban hai que deixar propina. É algo fóra do normal.

Como ía dicindo, o camareiro tróuxome o troco e quedou ó meu lado de pé esperando.
Eu pensei:
-¡Que morro ten! Se quero déixolle propina, pero que non me presione esperando á miña beira.

Pero aínda pensando isto, dinlle os 20 centavos.

Ó camareiro debeulle parecer pouco porque continuou de pé o meu lado, así que eu dinlle tamén as dúas moedas de 1 CUC mentres dicía, con xesto de opulencia:
-Quédese con esto también.

O camareiro cubano estábase a facer de ouro. Déralle 2.20 CUC, que para el era como para nós ter uns 50 euros, así que estaba encantado.

Despois de coller a propina, e só despois, espetoume:
-Señor, yo sólo quería la carpetita.

¡Caín para atrás!
Eu dándolle propinas e el, sen dicir nada, colléndoas mentres esperaba pola dichosa carpetiña.
Se non me chega a dicir nada acabaríalle dando o billete de 5 CUC, e xa case me sairía máis cara a propina que a propia comida.

Despois de pasarme isto fun correndo ó noso cuarto contarllo a Julita mentres ela agonizaba.

A xente non ten corazón. Venme cara de parvo e aprovéitanse de min.

22 de octubre de 2007

19 de octubre de 2007

7 de octubre de 2007

17 horas

Con este título podo falar de calquera cousa.
Da hora de comezo dun partido de Liga, da hora do té en Inglaterra ou do inicio dunha película na sesión infantil.

Pero non. Quérovos falar dun récord. Unha nova marca mundial que conseguiu a miña irmá Julita hai xa uns anos.
Trátase do número de horas seguidas que durmiu dun tirón: 17.
(Si, si. Non pulsei sen querer unha tecla).

A Bela Dormente deitouse ás 22.00 horas dun día calquera, no que non tivera un esgotamento fóra do normal, e espertouse ás 15.00 horas do día seguinte.

Cando a vin abrir a porta do seu cuarto non o podía crer. Por uns intres pensara que morrera, pero non, só durmía plácidamente.

E como eu, cando durmo horas demais, non consigo concilia-lo soño outra vez ata as tantas da mañá, pensaba que ela tampouco podería.
Pero non.
Julita ás 23 horas volveu para a cama e durmiu tranquilamente ata o outro día ás 8 e pico da mañá.

E porque tiña que ir traballar, que se non...

6 de octubre de 2007

Asasinato

O outro día cumprín un dos meus soños: atropelar un can.
Pero agora que o fixen síntome un pouco mal (pero só un pouco).

Teño que dicir na miña defensa que non foi adrede e que o can dos collóns ese estaba coma unha chota.

Íamos a miña irmá Patri e máis eu no coche, cando de súpeto vimos un canciño pequeño e marrón que estaba a cruzar a estrada dando pequenos brincos sobre as patas traseiras.
Parecía que estaba tolo ou algo así.
O can cruzou a estrada librándose de que o coche que ía diante nosa o matara, pero chegou á beira, deu a volta e comezou a dar outra vez saltiños estúpidos sobre as patas traseiras, como se estivera feliz, pero sen estalo.
Comezou a cruza-la estrada tan feliz no seu mundo. Non nos mirou nin nos intentou esquivar. Simplemente quería cruza-la rúa.
Ou se cadra quería suicidarse mentres estaba no seu happy-world.

Non o sei. Só sei que escoitamos un pum (o golpe contra o coche) e un cratch (os seus ósos esmagados).
Non parei. Ollei polo espello retrovisor e vin que o canciño dos collóns estaba agonizando.
Deume moita pena, pero no fondo estívolle ben, por parvo.

Sentíame mal e Patri (que na crueldade saíu a min) ríase do canciño.
Por riba, cando cheguei a casa, mentres ceaba, no Telediario, apareceron cans agonizando.
O meu soño converteuse nun pesadelo.

D.E.P., canciño dos collóns.

30 de septiembre de 2007

Contactos relax

Todos coñecemos esas páxinas dos xornais nas que están os anuncios por palabras.
E todos sabemos que a maior parte deses anuncios son ou de venda e aluguer de pisos ou de contactos de relax, ou sexa, sexo.
Todos sabemos perfectamente onde están situadas esas páxinas que nunca ninguén le.

Non sei por que cada vez que leo o xornal en público pásame unha cousa curiosa.
Chupo un pouco o dedo para pasa-las páxinas ben e de vez en cando teño que ir renovando saliva.
Casualmente, sempre se me seca o dedo xusto cando estou nas páxinas de contactos e pasan uns intres (non máis de dous segundos) nos que a folla mostra todo o seu esplendor.
Aí están Vanessa, rubia, 21 añitos, 140 de pecho, francés a tu gusto, masajes, atiendo sola, salidas, juguetes, 24 horas, foto real 609776786; Gatitas, todas nuevas miau miau, principiante, hacemos todo, salidas, hotel-domicilio, noche-día, aceptamos tajetas, 981244747; ou tamén Nórdicas, azafatas, etiqueta negra, suite-yacuzzy, cama redonda, salidas, hotel-domicilio, 24 horas, visas-amex, 981240584.

Nese momento só quero pasa-la páxina, pero casualmente sempre se atranca, así que pasan uns segundos máis ata que consigo pasa-la folla.
Intento que ninguén me mire para que non pensen que son un salido mental e intento non levanta-la cabeza para non sentirme observado. Pero sinto que todo o mundo me olla nese momento.

Que vergonza que a xente pense que un rapaz tan guapo e decente coma min teña que recorrer a ese tipo de servizos.