Unha semana despois de volver de Malmö, coa mente máis calmada e eu máis descansado, podo dicir, obxectivamente, que foi a semana máis intensa da miña vida. Poucas horas para durmir, moita festa, bastante traballo, varias viaxes, seis espectáculos en directo, moita xente nova e moitos vellos colegas...
Pero tamén cousas negativas, que me vou gardar para min (algunhas contaréivolas en vindeiros capítulos), pero que axudaron á intensidade desa semana. Sen dúbida, Eurovisión 2013 foi o mellor (non no musical, que para min foi o peor en anos) polo espectáculo, o ambiente, o festivo e no persoal.
Gañou a canción que as apostas dicían que ía gañar: a de Dinamarca, que era, xunto con Suecia, a miña favorita. Así que unha alegría máis para a colección.
Se o ano pasado en Bakú sentía 'Euphoria' por ir por primeira vez en directo ó festival de Eurovisión, este ano en Malmö tiña 'Only teardrops' por deixar atrás tantos bos momentos e a tanta xente que coñecín nestes escasos sete días.
Para a edición do ano que vén (espero que na preciosa Copenhague) teño claro varias cousas: hotel céntrico, cuarto individual, 8-10 días de estancia, cámara dixital compacta, durmir mínimo 6 horas diarias e menos roupa.
O ano pasado aprendín duns erros. Este ano, de outros. Así é como se mellora.
27 de mayo de 2013
15 de abril de 2013
Un nó inoportuno
Teño unha manía desde ben cativo: darlle voltas ó pelo. Tanto dá que sexa o meu ou o de outras persoas.
A miúdo, nas reunións familiares, recórdanme que desde que tiña un ano xa lle daba voltas ó pelo da miña nai e da miña tía cando durmía con elas.
Esa manía sígoa tendo hoxe en día, pero só cando teño o cabelo bastante longo. Cando é así, non paro de darlle voltas, ata que me doe e fago algún nó.
Como o tiña moi longo, fun cortalo. (Por certo que atopei unha escola de perruquería no centro de Londres onde te atenden de balde). E tras descifra-lo que me dixo o perruqueiro en prácticas (rapaz tatuadísimo cun forte acento londinense), conseguín explicarlle o que eu quería, aínda que tamén lle din a posibilidade de que experimentara comigo. Non quixo, así que fíxome o mesmo corte.
Nalgún momento dos 55 minutos que durou o seu lento labor na miña cabeza, o peine quedou enganchado no meu pelo. Sacouno e volveu metelo na mesma zona, pero quedou enganchado unha vez máis. Preguntoume que era aquelo, pero fíxenme o parvo. E intentouno de novo. Volveu engancharse.
Tiven que confesar. Ruborizado, expliqueille a miña manía co pelo. E recomendeille que cortara directamente para acabar antes.
Quedou estrañado e cortou sen rechistar.
Eu ía preocupado por que non se dera conta de que, ás veces, córtome eu mesmo o pelo e resulta que o problema estaba nos nós.
Antes de ir á perruquería, hai que revisar sempre a cabeza.

3 de abril de 2013
28 de marzo de 2013
Confusión de cremas
Hai cinco anos, na miña anterior etapa nesta Gran Bretaña, xa vos contara algunha vez os problemas e confusións que tiven por non domina-lo idioma inglés.
Neste return a Inglaterra xa me pasou algunha cousa digna de contar.
Por exemplo, a mestura de termos á hora de mercar produtos para hidrata-la pel.
Hai unhas semanas necesitaba unha crema para non ter a pel da cara tan seca. Esa foi a primeira confusión.
Onte adquirín outro produto para todo o corpo. Segundo erro.
Como digo, eu quería algo para hidrata-la cara e mailo corpo, así que as palabras chave eran moisturizer, face e body. Alá fun a buscar algo que puxera iso na etiqueta.
A marca Johnson's ofrece un daily essentials, refreshing cleansing lotion, que di na parte dianteira que tamén moisturises. Perfecto, pensei. A min iso xa me valía.
Tamén ofrece un body care extra rich almond. Tamén valía.
Pero hoxe, mirando a parte traseira de ámbo-los dous botes, dinme conta de que levo un par de meses empregando un limpador de maquillaxe como crema facial, e uns días usando un xel de baño como crema corporal.
Agora entendo por que, en vez de secarse, facía burbullas na miña pel.
Por certo que o limpador de maquillaxe seguireino utilizando como hidratante. Non será para iso, pero é bo.
Ah! Agora teño catro botes de xel de baño. Convídovos a ducharvos na miña casa. O xel póñoo eu.

11 de marzo de 2013
7 de marzo de 2013
Lecer barato: galería de arte
Ós que lle guste a arte, en Londres poden atopar ducias de opcións. Ademáis dos mundialmente coñecidos museos National Gallery ou as Tates (por poñer só uns exemplos de lecer gratuíto), na capital inglesa hai moitas galerías de arte (atreveríame a dicir que alomenos un centenar), todas (ou case) gratuítas. En zonas como Mayfair está cheo delas e de todo tipo: arte moderno, clásico, abstracto, bodegóns ou esculturas. En rúas como Albermale St. ou Dover St. hai ata media ducia delas nas que se poden pasar unhas cantas horas e facer como que se quere comprar algunha das obras, que é o do que viven estas galerías.
Tamén na zona de Baker Street, non moi lonxe de Mayfair, hai numerosas mostras de arte. Unha delas, ata mediados de abril do 2013, é a de Roy Lichtenstein, con máis de 50 obras "oficiais" (que "non orixinais") e que se poden mercar por prezos que varían desde os 60 ata as 4.500 libras. (A da foto, Girl with Hair Ribbon, 1993, por 800 esterlinas)
A obra de Lichtenstein exponse tamén na Tate Modern, pero este un xeito de coñecelo de forma máis íntima, menos masificada e fóra do alcance (da maioría) dos turistas. E se tedes cartos, levar unha réplica para a vosa casa.
Cousas da Gran Bretaña.

16 de febrero de 2013
Lecer barato: Universidade
Londres ofrece moitas posibilidades para todo tipo de persoas e en tódolos sentidos: laboral, cultural, de lecer, deportivo, musical, gastronómico, etc.
Pero todos sabemos que a capital británica é unha cidade moi cara (transporte, bares, restaurantes, compras, comida, casas). Se a iso lle sumámo-la crise, o noso peto non vai estar para moitos trotes.
Por iso nas vindeiras semanas e meses vou propoñer plans de ocio gratuítos para aqueles que, coma min, non teñen moitos pounds para gastar.
O primeiro que propoño (e que fixen esta semana) foi acudir a unha charla na School of Oriental and African Studies, da University of London. Un plan diferente, cultural e interesante.
O prezo: 0 libras.
O tema: o Día Mundial da Radio (World Radio Day), que se celebra cada 12 de febreiro.
Unha experta en radio comunitaria en África, Mary Myers, explicou a súa experiencia no continente negro. Tim Williams, vicedirector da Comisión National Británica para a Unesco, contextualizou o traballo da organización en torna a ese medio de comunicación.
Antes houbo unha exposición. Despois unha mostra do poder da radio e da voz a escuras.
As universidades ofrecen a miúdo conferecias e actividades, case todas elas de balde. En Londres hai moitos centros e só fai falta buscar un pouco na prensa local ou na internet para atopar actividades interesantes coma esta coa que puiden matar un pouco a morriña da radio.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)