
Como vén sendo costume dende hai uns anos, Marina D'Or, ciudad de vacaciones acolleu este evento ó que lle poderían chamar Miss tongo, en vez de Miss España.
Pero para tongo, tongo o dos míster, pero ese xa é outro tema.
Despois de ver desfilar en biquini ás 52 candidatas representando a beleza desta grande nación (hai mulleres moito máis guapas na rúa) fíxose o primeiro corte.
Só 26 pasarían e aí chegou un dos grandes momentos da noite: a cara de Miss Valladolid cando lle deron a mala noticia.
Dende agora hai unha nova expresión: Cara miss-valladolid. Dise de aquela persoa que pon cara de asombro, de sorpresa e de indignación cando recibe unha información que non esperaba.
Pensaba que me mexaba por min cando vin aquel momentaaasso.
Continúa a gala. A reporteira do Tomate, que non sei que facía alí, estaba no backstage (parte traseira do escenario) facendo preguntas estúpidas ás desafortunadas misses.
Unha delas, entre bágoas, dixo que non choraba por estar eliminada, senon polas súas compañeiras que pasaran. ¿Pódese ser máis falsa? ¿Alguén creu a esa muller?
Despois dela a reporteira preguntoulle a outra miss de Castilla (parece que aí están as mulleres máis feas do mundo porque é incrible a representación que levan tódolos anos). Probablemente era a máis fea do certame e á do Tomate non se lle ocorreu outra cousa que preguntarlle:
-¿Te ha soprendido tu eliminación?
Eu pensei, a ver que di esta. Pero ela moi honesta dixo que non. Non me extraña miña filla. ¡Vergonza che tiña que dar presentarte!
Despois do momento tongo que foi eliminar a miss A Coruña (era moi guapa) chegou a final.
Alí as seis finalistas tiñan que pasar pola gran proba de falar en público.
Turno de miss Gipuzkoa. Despois do rollo repetitivo que soltan todas dixo:
-Sobre todo se lo agradezco a mi hermana y a mi novio que están aquí conmigo.
E aí chegou o grande momento da noite.
A cámara dirixiuse ó público e viuse á irmá da miss e ó suposto mozo dándose un morreo de varios segundos.
Quedei morto.
¡A irmá e o mozo dándose o lote diante de toda España e, o que é peor, diante de miss Gipuzkoa!
Despois de uns minutos flipando a organización encargouse de sentar ó verdadeiro mozo da miss ó lado da irmá (que, por certo, era máis guapa que a miss). A quen estaba bicando a irmá máis odiada de España nese momento era ó seu verdadeiro mozo, non ó da miss.
Respirei tranquilo.
Se tódolos anos vai ser así eu declárome dende hoxe fan do concurso Miss España.