5 de febrero de 2012

Sorpresa salvadoreña

As viaxes a países lonxanos, exóticos ou simplemente con bastantes diferenzas gastronómicas son moi interesantes, pero tamén nos poden dar algunha sorpresa desagradable.
E, se a nós nos pasa cando imos alá, ós de alá tamén lles pasa cando veñen aquí.
Uns rapaces de El Salvador, dun equipo de fútbol, viñeron o ano pasado para xogar un campionato. Era algo novidoso, así que aproveitamos para traelos á radio.
Eran uns nenos (e uns profesores) moi simpáticos, faladores e tímidos, como en tódolos grupos e cos ollos como pratos con todo o que estaban aprendendo.
Despois da entrevista sacamos unhas fotos e quedamos para vernos no torneo.
Entón algúns rapaces preguntaron polo baño. Foron entrando ordeadamente, sen problemas, mentres eu falaba cos demáis.
Pouco despois, marcharon.

Cando quedei só fun eu ó baño (estou todo o día bebendo e necesito ir cada 30 minutos, polo menos). Entrei e cheiraba como a vómito. Pensei que algo lle sentara mal a algún dos nenos no xantar que acababan de ter e que devolvera alí.
Pobriños, pensei. Non están acostumados á nosa comida.
Aguantei o cheiro que pensaba que ía pasar e levantei a tapa do váter.
O que cheiraba non era vómito. Era bosta, caca, merda!
Pero non unha calquera. Estaba TODO cagado. Por un lado, polo outro, por arriba, por abaixo, por dentro e por fóra. Non sei como fixo o neno, pero repartiu por todo o váter e alén. E o peor foi que acabou e nin se limpou nin tirou da cisterna.
Simplemente, subiu os pantalóns, baixou a tapa e marchou.
Foi o regalo que nos deixou.

Non sei quen limpou aquelo. Pero eu non entrei máis ata o día seguinte no que o váter volveu ser branco.