30 de abril de 2012

Eurovisión 2012

En menos dun mes, un dos meus soños vaise facer realidade (ou debería, se todo vai ben): ir a un festival de Eurovisión. Sempre dixen que cando traballara, collería as vacacións na semana de Eurovisión e, por fin, este ano podo facelo. E si, xa sei que non é o mellor momento: -A crise agudízase máis que nunca. -Azerbaián é o país máis lonxano dos que participan no festival. -A viaxe e a estancia son moi caras. -É o ano con peor calidade musical. -Organiza un país con moitas dúbidas no que a dereitos humáns se refire. -Hai ameazas de terrorismo. -Podería ter complicacións co visado por ter viaxado a Armenia antes. Tanto dá. Por primeira vez podo permitirme ir e (repito), se todo vai como debería, en menos dun mes debería estar gozando do maior festival da canción do mundo. A guinda do pastel sería que gañasen Suecia, Dinamarca, Suíza, Alemaña, Israel ou España. Bakú, alá vou!