28 de diciembre de 2006

Sex appeal

Os que me coñecedes sabedes que son irresistible, que teño moito sex appeal.

Un día estaba saíndo do metro e pasei por tres rapazas adolescentes. Puxéronse diante miña para molestar adrede e despois de esquivalas eu continuei subindo as escaleiras para saír. Elas berráronme:
-¡Vaya culito!

Eu ía escoitando música pero oínas perfectamente. Continuei como se nada mentras elas contiuaban piropeándome. Eu, claro, cun sorriso na cara e co ego polas nubes. Aínda que eran moi pequenas a ninguén lle amarga un doce.

Pero onde realmente se pode comprobar o meu sex appeal é nos aeroportos.
Alí os seguratas no sei por que sempren me paran para cachearme.
¿Son as malas pintas?
Non, son eu que son irresistible e os de seguridade sempre me queren tocar.
Non sei por que, de toda a xente que hai no aeroporto, sempre me toca a min.
Dinme:
-Caballero, ¿le puedo hacer una pequeña inspección?

Si, home, cantas queiras. Xa estou acostumado.

-Deje aquí sus pertenencias, por favor.

Mira, chaval, cacheáronme moitas veces e xa coñezo isto como a palma da miña man. Xa sei de sobra onde teño que deixa-las cousas.
Mentras me fai una pequeña inspección eu miro con cara de resignación ó resto de persoas que pasan por alí e ca mirada dígolles:

-Hoxe tocoume a min, pero xa vos tocaras a vós. Se tedes o sex appeal que eu teño, claro.

18 de diciembre de 2006

Unha noite por Madrid...

O venres pasado fomos algúns da nosa clase de casexornalistas á cea de Nadal.

Todo foi ben (aínda que algúns retrasáronse dúas horas), divertido, rico e caro.

Despois da cea algúns de nós saímos pola movida madrileña.
Cando estabamos pola zona de Huertas, uns do grupo dixeron:
-¡Ey, en ese bar hay dos políticos!

Así que, como bo frickie, aí fun eu para corroborar que alí había dous políticos.

Exactamente había dúas políticas: Trinidad Jiménez e Leire Pajín. Ámbalas dúas coñecidas por todo xornalista ou proxecto-de-xornalista, como era o caso dos alí presentes.

Nin cortos, nin perezosos, pedímoslle, por favor, que se podían facer unha foto con nós.

Trini, tan guapa e tan simpática ela, aceptou, así que colocámonos ó seu redor.
Leire Pajín apartouse porque pensaba que o tema non ía con ela, pero eu díxenlle que si, que viñera, que ela tamén era coñecida.
Moi simpática ela tamén se puxo na foto.
Pero nese momento apereceu en escena Alexia e non se lle ocorre outra cousa que dicirlle a unha parlamentaria do PSOE:
-Perdona, ¿te puedes apartar que quiero sacarme una foto con Trini?
Así que Leire Pajín, con cara de boba, apartouse.


Non vos podedes imaxinar o que nos rimos.

Alexia é a única persoa que coñezo que se atreve a dicirlle a unha parlamentaria que se aparte para non saír na foto. Tamén hai que dicir en favor dela que non coñecía a Leire Pajín (imperdoable para todo xornalista que se precie) e pensaba que era unha chavala que pasaba por alí.

O resultado da foto xa vedes cal é.

Para remata-la noite de anécdotas de Alexia, cando ela ía para casa case é atropelada na Porta do Sol polo bailaor Joaquín Cortés.
Ela, que me estivo dando a vara con que quería ver famosos, ó final saca unha foto con unha, bota fóra da mesma foto a outra e case é atropelada polo mellor bailaor de España.

¡Toma ración de famosos!

13 de diciembre de 2006

Un boli, un moco e un sandwich

Non son máis tonto porque non me fixeron.
Vós que me coñecedes sabedes que son unha persoa moi propensa a quedar mal e a facer todo mal.
Hai dous días, o luns, tiven un deses días nos que varias cousas me saíron mal ou quedei mal.
Ningunha delas foi grave, pero fastidian. Cóntovos:

Estaba eu nunha clase e necesitaba un boli porque non tiña, así que chamei a unha chavala que case non coñecía a pensaba que se chamaba América. Chameina e ela extrañada prestoume o boli. Máis tarde dinme conta de que quen se chamaba América era a súa amiga, non ela.
Bo, un pequeno erro sen importancia.

Nesa mesma clase, pero máis tarde, viñéronme as ganas de espirrar. Rápidamente saquei un kleenex e espirrei. Uns minutos máis tarde toquei algo extrano na miña chaqueta. Pensei:
- ¿Que é isto?
Miro e vexo que calculara mal co kleenex. ¡Era un moco! Non cheguei a tempo á hora de espirrar e o moco, en vez de estar no kleenex, estaba na miña solapa, como se fose un pin ou unha chapa. Por sorte eu estaba na última fila e creo que ninguén se deu conta. Ou iso espero.

Pasou o día, pasou a romería.
Pola tarde tiven outra clase e cando acabou, como estaba morto de fame, fun á máquina para comprar un sandwich. Era unha destas máquinas xiratorias nas que tes que escolle-lo producto e o oco queda vacío cando sae. Pois adiviñade o que me pasou a min. ¡Correcto! Escollín un deses ocos que estaba vacío, así que paguei 1,15€ por un pouco de aire, de espacio valeiro.
O peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa. Xa é a segunda vez que puiden degustar o aire fresco da máquina da universidade. Acabei o día cabreado e con máis fame aínda.

Para colmo, cando vou para casa encóntrome con que o metro está avariado xusto na parte pola que eu teño que pasar, así que con filosofía díxenme:
- Bo, Ramón, desfruta do paseo por Madrid.
Pasei por Atocha, de aí á Porta do Sol, logo a Príncipe de Vergara (pasando polo Retiro) e, por fin, a Artilleros. Iso si, todo baixo terra. O que normalmente me leva unha hora escasa, levoume máis de hora e media.

Cheguei a casa e fun durmir. Era o mellor que podía facer para esquece-lo día.

12 de diciembre de 2006

No metro

Cada día perdo unha hora ou máis no metro para ir a clase. Sí, tamén vou no cercanías, pero o metro dalle un toque urbán, cosmopolita, de cidade a esta historia.
Realmente alí hai unha cidade paralela cas súas historias e anécdotas.

O único bo que ten o metro é o calor que fai alí sempre. Isto no inverno , claro, porque no verán é asfixiante entrar alí. Pero cando fai moito frío fóra vas correndo ata a boca e cando chegas sínteste como cando entras na túa casiña e está a calefacción posta.

Da gusto chegar alí o luns ás 8.00h. da mañá, cheo de sono, con todo un día por diante de clases e ver que está completamente cheo. Pero cando digo cheo non podedes imaxinar como é aquelo. A xente entra a presión. Hai que empurrar para que en cada estación poida entrar unha ou dúas persoas máis.
É neses momentos cando podes ver as mellores cousas do ser humano.
Escoitas as conversas que hai, podes cheirar o alento de medio Madrid, escoitar a música que a xente oe, ler as noticias gracias ós xornais que teñen e mesmo chegar a intimar con alguén.
Si, señores, porque en hora punta o metro convírtese nun lugar erótico. Non sabes quen te está tocando nin a quen tocas (sen querer, claro), pero sintes mans, pernas, cús e outras cousas. Evidentemente inténtaste apartar, pero o movemento do metro fai que unha e outra vez volvas a ter contacto con persoas diferentes.
¿Iso considérase promiscuidade ou engano en caso de ter parella?

Outra cousa curiosa do metro son as miradas.
O mellor é levar sempre contigo algo de música ou algo para ler. Pero se non podes comeza o xogo de miradas, porque, claro, ¿a onde miras se non tes nada que facer? Podes mirar ó chan, ó teito ou ós mapas de metro, pero, claro, iso aburre.
Entón miras á xente.
É incrible a xente tan rara que hai alí: a rumana sen brazos e con seis fillos que non ten nada para comer e fala fatal español, o grupo de ecuatorianos que tocan unha música preciosa e que rezas para que non entren no teu vagón para non ter que darlles unha esmola, a xente que viste rara e que se a ves na rúa non dubidas en esquivala, as vellas que van divinas de la muerte ós touros ou os executivos que saen de traballar.
É moi curioso e entretido observar á xente. Pero, obviamente, ti tamén es observado. A veces esa mirada que che botan non é só de curiosidade ou de non-teño-a-onde-mirar. Non. É unha mirada lasciva, que te busca.
¿Cantos amores (ou só puro vicio) sairían do metro do que comezou só sendo un xogo de miradas?

11 de diciembre de 2006

Cociña para estudiantes




A miña tía Rosa ten a súa casa chea de libros de cociña (perdoa, Rosa, que conte intimidades túas). Nunca entendín e nunca entenderei que interese ten aprender a facer pratos tan raros como canelóns de perdiz con salsa de trufa, por exemplo.
Pero o tema non é este.
Hoxe quería falar dos pratos que preparamos os estudiantes e máis concretamente eu, que odio a cociña (sobre todo limpala).
Iso si que son pratos sofisticados e non os que fan Ferrán Adrià ou Arzak.

Os estudiantes chegamos a inventar manxares exquisitos cando estamos nos últimos días do mes ou simplemente cando non nos apetece ir ata o supermercado comprar algo.
Por exemplo o outro día estaba no piso, en Madrid, e non tiña máis que un pouco de cebola, allo, pepino, un ovo e espaguetis -claro-. ¿Con eses productos pódese facer algo?
Unha persoa normal, non. Pero eu, si.

Por unha parte metín nunha pota auga. A auga da billa nunca falta sempre e cando se pague a factura a final de mes. Nunha tixola puxen cebola, allo e pepino (imaxinade o sabor do pepino frito). Cando vin que xa estaba bastante queimado metinlle un ovo por riba a modo de tortilla. Despois mestureino todo e voilà! ¡Uns riquísimos espaguetis con pepino frito listos para comer!
Pero isto non é o peor que comín, non. Se eu vos contara...

A verdade é que últimamente non estou comendo tanta pasta como comía nos anos anteriores.
Naqueles tempos, cando tiña o mono diario de espaguetis con atún (un clásico no meu receitario), tiña un truco para que a comida me soubese diferente:
Tódolos días ás 13.00 horas comezaba en Telecinco o programa de cociña de Karlos Arguiñano, ese home que se cola nas nosas casas contando chistes malísimos e que ten cara de salido. Eu sentábame diante da televisión ca miña pota de espaguetis (si, comía na pota porque así é un prato menos que tiña que lavar) e dispoñíame a desfrutar da miña delicatesen.
Aínda que eu comía tódolos días o mesmo (espaguetis con atún), o meu cerebro dicíame que non, que hoxe comía merluza a la cazuela, mañá ternera en salsa verde e pasadomañá cocido madrileño. O que fixera Arguiñano.
Era incrible, pero tiña realmente a sensación de estar comendo o que el cociñaba.

Non sabedes os cartos que aforraba. ¡Comías por un euro e parecía que comías por 20!

Probade esta técnica e xa me contaredes.




(Adicado á miña tía Rosa, porque nunca aprenderei a cociñar)

5 de diciembre de 2006

Malas pintas

O ano pasado, entre os meses de xullo e outubro, pasei unha etapa de crise de imaxe.
Non sei por qué me daba a impresión de que tiña malas pintas (no sentido máis materno da palabra).
Esas pintas que ningunha nai ou avoa quere para o seu fillo ou neto.
Eu non creo que as tivera, pero pasáronme algunhas cousas que me fixeron pensar moito.

Era agosto de 2005, día 14 se non me lembro mal, e a Laxe viñeran tocar o grupo Fundación Tony Manero. Estaba eu concentrado no concerto cando, de repente, un rapaz que non coñecía de nada e con non moi boas pintas virouse e ofreceume un porro. Eu, moi educadamante díxenlle que non, gracias, e rápidamente púxenme a mirar que pintas tiña como para que me ofreceran un porro así porque si. Naty, que estaba ó meu carón, díxome que ía normal e ríase.

Día 8 de setembro de 2005. Chego a Aveiro sen saber nada nin da cidade nin de portugués. Pola noite decido saír da Hospedaria dos Arcos para dar unha volta e coñecer un pouco aquelo. Unha muller e o seu fillo pequeno ían pola rúa e decido paralos para preguntarlles onde estaba o barrio do Liceu e se era unha boa zona. A muller asustada díxome:
- Não tenho nada para te dar!
Extrañado pareime, e mirei as pintas que tiña. Ía normal.

Día 6 de outubro de 2005. Chego ca miña familia a Lisboa naquela caravana claustrofóbica para seis persoas e pouco glamourosa para min. Aparcamos no centro da capital portuguesa e despois de intentar venderlle uns lentes de sol ó meu tío Nano, o mesmo home apartoume e intentou venderme un pouco de chocolate para animarme a noite. Novamente díxenlle que non, gracias, e volvín a mirar que pintas tiña eu para que me pasase iso.

Xa hai tempo que non teño novos episodios ralacionados con as miñas pintas, pero ¿tan macarra parezo? ¿ Ou tan yonqui?

Ai, que razón tiña a miña abuela cando me dicía:
- ¡Baixa eses pelos que non sei quen pareces!

4 de diciembre de 2006

Bolsiñas de plástico


Están preto as vacacións de Nadal e teño que compra-los billetes de avión. Pero, como sabedes, dende hai un mes en tódolos aeroportos europeos hai unha nova medida de seguridade bastante curiosa que me ten un pouco intranquilo.
Estoume a referir ás bolsiñas de plástico.

Como sabedes hai unha norma internacional que prohibe entrar nun avión con líquidos e non sei que máis cousas porque poden ser perigosas para o voo.
Moi ben.
A miña pregunta é:
¿Quen tivo a idea de que unha bolsiña de plástico nos pode defender de tódolos males?
É dicir, unha botella de auga é potencialmente perigosa porque pode conter outro tipo de sustancias, pero ¿ese perigo deixa de existir no momento en que pos a botella de auga na bolsiña de plástico?

Todos sabemos que o leite dun bebé é altamente perigoso para a humanidade. ¿Cal é a solución? Poñelo nunha bolsiña de plástico.
¿E un perfume? ¡Ui! Iso si que é perigoso, sobre todo se é Farala ou algunha desas marcas baratas. Pero non pasa nada porque existen as bolsiñas de plástico.

Imaxinade a situación. Estás nun aeroporto e levas unhas gotas para a vista no bolso. De repente tódolas alarmas soan e un segurata, moi amablemente, diche:
- Desculpe, ¿pode mostrarme o que leva aí?
Abres o bolso, sacas a túa 'arma' e todos saen correndo ante o pánico que causan unhas gotas para os ollos.
- ¡Oh, non!
- ¡Socorro!
- ¡Sálvese quen poida!
O segurata, cheo de medo, dache unha bolsiña de plástico para poñer as túas gotas. Ti fas o que che manda e nese momento as alarmas deixan de soar. Pasou o perigo.
¡Uf! Agora o mundo está a salvo.



(¿Ninguén pensou aínda que se pode rompe-la bolsiña?)

Pois si, señores. Parece ser que as bolsiñas de plástico son a solución dos problemas do mundo.

No futuro os cárceres, os coches, as casas... Todo será de plástico porque gracias a el salvarémosnos dos males e desgracias deste mundo.

Poñan o plástico na súa vida.

28 de noviembre de 2006

Saudades















Hoje tenho saudades.
Bom, desde que voltei de Aveiro tenho saudades.
Às vezes estou na minha aldéia e parece que vejo a algum Erasmus.
Às vezes estou na universidade e parece que vejo a algum Erasmus.
Às vezes entou no metro e parece que vejo a algum Erasmus.

Aparições?
Não, saudades!

Tenho saudades de comer na cantina.
Tenho saudades de passar a tarde na biblioteca sem fazer nada.
Tenho saudades de sair à meianoite para o Bombordo.
Tenho saudades de voltar muito tarde entre semana do Bombordo.
Tenho saudades de chegar até a porta do Club 8 e não entrar.
Tenho saudades do pequeno-almoço em Fanepão.
Tenho saudades de roubar qualquer coisa por que sim.
Tenho saudades de ver os canais com os moliceiros.
Tenho saudades de Love Generation.
Tenho saudades de estar em casa e ouvir RFM.
Tenho saudades das festas com tema estúpido.
Tenho saudades da humidade de Aveiro.
Tenho saudades dos jantares surpresa no nosso apartamento.
Tenho saudades dos jantares em casa de todos.
Tenho saudades do DeCA.
Tenho saudades das excursões e viagens por Portugal e Espanha.
Tenho saudades do pior guia de Portugal: João.
Tenho saudades da coordinadora mais incompetente de Portugal: Helena Barbosa.
Tenho saudades da francesinha.
Tenho saudades de uma boa Ramona com batatas e Fanta de laranja.
Tenho saudades do McFlurry
Tenho saudades dos finos e shots.
Tenho saudades do Minipreço, Jumbo e Pingo Doce.
Tenho saudades de acordar-me muito tarde.
Tenho saudades das divertidas aulas de português.
Tenho saudades das tardes de futebol em Galeria ou no Rossio.
Tenho saudades de ver limpar a Andrea.
Tenho saudades de chegar a casa à tarde e Roberto ainda estar a dormir.
Tenho saudades das perguntas do Joric.
Tenho saudades dos jantares e conversas com Silvia.
Tenho saudades do glamour de Francesca.
Tenho saudades das malucas espanholas: María, Guiomar e Esmeralda.
Tenho saudades das loucuras e simpatia de Sandra.
Tenho saudades do sorriso de Roberta.
Tenho saudades das discussões da minha coppia favorita: Matteo e Costanza.
Tenho saudades do Mundial com o clube de futebolistas: David, Florian, Yoh e Thomas.
Tenho saudades dos disfarces de Claire.
Tenho saudades da doçura de Alix e Eva.
Tenho saudades das engraçadas japonesas: Maiko, Mari e Jun.
Tenho saudades das estupideces de Edouard.
Tenho saudades do ruidoso riso de Marketa.
Tenho saudades da comida grega de Stella e Eleni.

Tenho saudades de Alessandro, Sifra, Jacqueline, Monta, Martins, Hédi, Axelle, Stefano, Suliac, Rémi, Jenni, Lucía, Bárbara, Alessandra, Eva (eslovaca), Matteo (velho), Andrea (novo), Blas, Coke, Fernanda, Sergio, Agi, as Joanas (portuguesas e francesa), Sandra, Miia, Gonare, Lukazs, Aska, Sebastian, Asia, Mauro, Cecilia, Alena, Bernhard, Kasia, Tamara, Klara, Ana, Silvio e muitos outros que quando vejam que nao estao aqui mataran-me!

Peço desculpas.

27 de noviembre de 2006

Desmaios

¿Pero que está pasando?
¿Que lles pasa ós políticos do mundo que van por aí desmaiándose?
¿Non se alimentan ben?
¿Teñen moita presión?

Berlusconi sumouse este fin de semana ó Top Five de desmaios. Mellor dito ó Top Four porque só me lembro de catro.
Recordemos:

- 24 de xuño de 2001. Fidel Castro desmáiase diante de 60.000 persoas mentres celebraba un mitin na Habana.

- 15 de xaneiro de 2002. George W. Bush desmáiase na súa casa mentres ve a televisión atragantado por unha galleta.

- 3 de outubro de 2005. Manuel Fraga (ex presidente de Galicia) desmáiase mentres pronunciaba un discurso no Parlamento galego.

- 26 de novembro de 2006. Silvio Berlusconi desmáiase mentres daba un mitin na localidade italiana de Montecatini.

Despois de analizar estas situacións cheguei a varias conclusións:

- Os políticos de dereita (extrema dereita diría eu) prefiren desmaiarse nos meses máis fríos, mentres que os de esquerda prefiren os meses cálidos.

- Os políticos de esquerda prefiren desmaiarse diante de grandes multitudes (60.000 persoas viron en directo o show de Castro), mentres que os de dereitas prefiren os lugares máis íntimos para poder estamparse tranquilamente contra a mesa.

- Os desmaios son unha moda americana que, co paso do tempo, chegaron a Europa. Isto tamén pasa ca roupa, o cine ou as novas tecnoloxías. Os americanos sempre foron máis adiantados.


¿Cal é o voso desmaio favorito? O meu o de Bush.
¿Sabedes de algún desmaio que mereza ser nomeado?

Eu coñezo os da miña amiga Marta que lle gusta moito desmaiarse nas igrexas porque non soporta que Deus sexa o centro de atención durante unha hora. Así é ela. Encántalle acaparar todo o protagonismo. Non o pode evitar.

21 de noviembre de 2006

Récord Guiness

Normalmente, cando unha persoa aparece no libro Guiness dos récords é porque fixo algo especial (con mérito ou sen el) como por exemplo ser a persoa máis rápida do mundo, a que máis campionatos gañou en algunha especialidade deportiva ou mesmo cousas estúpidas como ser a persoa máis grande do mundo ou a que consigue poñer máis pinzas na cara. Hai xente para todo.

Pero hoxe quero propoñer unha nova categoría neste libro e unha candidatura.
A nai que menos chama ó seu fillo, conseguido por Elisa Vázquez Pérez (a miña nai).

¿Para vós é normal que unha nai chame ó seu fillo unha vez cada 10 días (de media)?
¿ E que cando chama só fale dous minutos?
Pero o mellor de todo é cando non sabe que dicir despois de falar durante 1.30 min., que para ela é longuísimo, e chama á miña irmá pequena que está tranquilamente vendo a televisión e que, por suposto, tampouco quere falar comigo.

¿Cal é a solución?
O meu pai.
El sempre quere falar. Do que sexa. Dos estudios. Da saúde. Do tempo. Da inflación en Vietnam, da literatura do século XIX ou do Mito da Caverna de Platón. Non importa. O importante é falar. Alguén normal (aínda que a veces que coste recoñecelo) na familia. Alguén que se preocupa mínimamente polo seu fillo.

¿Estades dacordo comigo en que hai que presenta-la candidatura da miña nai ó Guiness?

20 de noviembre de 2006

Encerrado

Se me coñecedes mínimamente sabedes que o que me pasa a min non lle pasa a ninguén. Que teño historias abondo para escribir un libro. A última foi esta:

O venres pasado eu estaba só no piso, en Madrid, xa que as miñas compañeiras saíran de festa ou non sei que. De repente lembreime de que na terraza tiña roupa tendida que tiña que recoller, así que levantei a persiana, abrín a porta e, como facía moito frío, non se me ocorreu outra cousa que pechala para que a casa non se enfriara.
No momento en que escoitei como a porta se pechaba unha voz no meu interior dixo: oh, oh!
¡Acababa de quedar 'encerrado' na terraza! ¡Non o podía crer!
Eran as 12.30 da noite, eu só tiña un pixama posto, o móbil dentro e con moito frío fóra.
Díxenme a min mesmo: Pensa, Ramón...
Así que pensei.
¿Saltar? Non, era moi alto
¿Pasar á terraza dos veciños? Non, tiña que molestalos e non poderían abrirme a porta da casa
¿Chamar ás miñas compañeiras? Non, o móbil estaba dentro
¿Esperar a que elas viñeran? Non, morrería de frío
¿Rompe-lo cristal? Si, esa era a mellor forma aínda que despois o tivese que pagar.

Pero como a intelixencia dos humanos se agudiza cando está en situacións límite (e esta era unha delas, asegúrovolo) pensei: A ver... cando queres limpa-los cristais podes saca-las ventanas, así que esta porta tamén se debe poder mover.
Aí comezou a miña particular loita ca porta da terraza. Para riba, para abaixo, forte, con maña... Pero nada.

Estaba a piques de rompe-lo cristal cando me dixen: Veña, unha última oportunidade, Ramón.
Así que volvín a intentalo e tacháaaaaaaaaaaaaan!!! A porta abriuse!! Non o podía crer!

Non o pensei dúas veces. Entrei, pechei a porta e prometinme a min mesmo que nunca máis ía ir á terraza cando estivese eu só na casa.

16 de noviembre de 2006

Benvidos


¡Ola!

Así comezo esta nova experiencia nestes mundo tan extraños para min.
Despois de uns problemiñas que tiven que, como sempre me arranxou unha persoa que vive en Italia, aquí está o meu blog.
Xa sei que moitos de vós estabades esperándoo. ¡Pois aquí está!

Aviso a navegantes, fans e demáis visitantes desta pequena obra de arte: o blog vai estar escrito en galego. Lingua minoritaria e maravillosa. Espero que non teñades problemas para entendelo. A veces tamén escribirei en español e mesmo demostrarei as miñas dotes co portugués, inglés, italiano, latín ou grego antigo. Non sei. A miña capacidade non ten límites.

O nome do blog é en honra a Galicia.
¿Hai algo máis identificativo dese pequeno curruncho da península Ibérica?
Non.
Bo, si, as vacas, pero iso non é glamuroso e xa sabedes o meu lema: Antes muerta que sencilla