15 de diciembre de 2008

Fotografías

¿Nunca vos preguntáchedes quen carallo son esas persoas que vos amolaron esa foto tan bonita que intentabades facer?
¿E esas persoas que saen por detrás túa nesa foto do Big Ben, do Partenón ou da Catedral de Santiago?
¿Quen serán?
¿Que estarán facendo agora?
¿De onde serán?
¿Por que estarían alí nese mesmo momento?
Centos de preguntas véñenme á cabeza.
E sobre todo, ¿esas persoas saben que aparecen nas túas fotos?

Estas sonche cousas nas que penso cando teño moito lecer.

Pero estou seguro de que todos vos preguntáchedes algunha vez se sodes vós os que aparecedes nas fotos dos demais.
¿Cantas fotos do Big Ben, do Partenón ou da Catedral de Santiago terei eu amolado?
¿Cantas veces e en cantas partes do mundo alguén se cagaría en min por estar alí no momento menos apropiado?
¿Cantas persoas me terán que pagar dereitos de imaxe cando sexa famoso?
¿En cantos países estará a miña cara e o meu cuerpo serrano?
¿En cantas linguas dirían ‘e este de aquí quen carallo é’?

Se cadra, nun futuro, con só pulsar enriba da imaxe da persoa, poderemos coñecer tódolos seus datos.
Xa teño outra cousa na que pensar e perder o tempo.

8 de diciembre de 2008

N29 IV (Cheiros)

Dá gusto volver a casa despois dunha xornada de traballo. Sobre todo se é ás dúas ou tres de mañá despois dun día busy.

Dá gusto cando entras pola porta da casa, porque a viaxe en transporte público é un suplicio máis que un pracer, especialmente no N29.
O transporte público é noxento en horas punta. As horas punta son en tódolos países máis ou menos iguais. Pero no mundo hai unha excepción: o N29. Alí é hora punta sempre.
Dá igual cando entres, que alí sempre vai estar cheo de xente. E entre esa xente está o máis selecto da sociedade londiniense: pobres, inmigrantes, borrachos, bulleiros, marxinais en xeral e algunha persoa ‘normal’ polo medio que pasa a viaxe enteira preguntándose por que esa noite pillou o N29 en vez de pagarse un taxi. Como vedes, un paraíso para os amantes do glamour.

Volvendo ó tema. Imaxinade que estades nese autobús cheo de xente (no que xa de por si o cheiro non é moi agradable debido á cantidade de persoas e á pouca hixiene dalgúns) e que un dos viaxeiros é un pobre (indixente, para non ferir sensibilidades neste blog tan ofensivo) que solta unha peste incrible. Pero cando digo incrible digo incrible. Ou sexa, unbeliveable (léase anbalívabol). Todo o autobús podía ulilo e mesmo algúns entraban e volvían a saír debido á peste.
Xa sabemos que hai xente moi sensible ós olores. Non sei se foi por iso ou pola melopea que levaba enriba, pero ó pouco tempo (e para darlle un aire diferente ó autobús) outro dos viaxeiros comezou a vomitar alí dentro. ¡Que lástima de cea! Obviamente, ós poucos segundos o cheiro estendeuse por todo o autobús e xa ninguén se acordaba do mendigo.
Para remata-la festa, o típico niñato negro acendeu o seu porrito, e veña a fumar, coma se nada. Xa sabedes que eu odio o cheiro dos porros, así que xa podedes imaxina-lo jolgorio que tiña eu no meu corpo cando ulín aquelo. Oxalá entón entrara a policía para poñerlle a debida multa por fumar nun lugar pechado e público.

Entre a cara de fumado do rapaz e a situación surrealista de superposición de cheiros (que bonita me quedou a frase), eu non podía facer outra cousa máis que rirme.
Haino que tomar con filosofía. Que lle vou facer. Se quero xente con glamour no meu autobús teño que aluga-lo cuarto en Chelsea en vez de en Little Turkey-Poland-blackland.