25 de mayo de 2009

I miss London

I miss my lovely house.
I miss my big room with carpet and mirrors everywhere.
I miss the balcony when is sunny.
I miss feeling good and calm because I’ve got a job.
I miss ‘de-Colombia-ciao’ (how I called my hairdresser).
I miss the order at the tube.
I miss the British good manners.
I miss to have a group of friends.
I miss feeling busy.
I miss La Tasca’s food.
I miss the mice running throw the restaurant.
I miss the complaints.
I miss to dress up to go to work.
I miss queuing for everything.
I miss excellent public transport of London.
I miss going out sometimes.
I miss La Tasca staff (especially from Regent St).
I miss the changing weather of London.
I miss the funny things that happened.
I miss hating blacks, Indians, Turkish, Chinese, Polish… of Wood Green.
I miss free museums.
I miss the English music.
I miss rushing.
I miss having time enough to travel around the country.
I miss the open-minded society.


I miss London

11 de mayo de 2009

Eurovisión 2009

Por fin chegou a semana de Eurovisión.
O martes, na capital rusa, Moscova, que este ano acolle o certame,
celebrarase a primeira semifinal; o xoves, a segunda; e o sábado, a gran final.
En total, 42 países intentarán conseguir que o próximo ano o maior festival de música do mundo se celebre nas súas fronteiras.

Nesta edición, como case sempre, hai novidades e curiosidades para dar e tomar.
Algunhas que me veñen a cabeza...
- Nesta edición os instrumentos de corda son protagonistas en varias cancións (Noruega, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia).
- As baladas, que normalmente soen aburrir, este ano teñen moita calidade e algunhas son favoritas á victoria (Francia, Malta, Islandia, Reino Unido, Lituania, Chipre).
- Xeorxia non participa nesta edición porque o título da súa canción (We don’t wanna put in) fai un xogo de palabras que alude ó actual primeiro ministro ruso Vladimir Putin, saltándose así a regra do festival que di que a letra dunha canción non pode ter un contido político.
- O corista de Islandia representou a ese país o ano pasado.
- Lituania leva unha canción que recorda moito a Alicia Keys.
- A cantante maltesa, Chiara, preséntase por terceira vez ó festival. No ano 1998 quedou terceira (gañara Dana International ca canción Diva), e no ano 2005 quedou segunda (nesa edición gañaron os fineses Lordi). Por tanto, esta vez tocaríalle gañar. Aínda que ten unha balada preciosa, podería apostar a que ela non vence nesta edición.
- Eslovenia leva un tema moi bonito pero demasiado instrumental. Xa no ano 1995, Noruega gañara Eurovisión cun tema así (España quedou segunda ese ano). A diferencia é que naquela ocasión a música aínda era en directo. Hoxe en día, a música é gravada, e non ten sentido que venza un tema no que os músicos pasan tres minutos facendo o paripé.
- Este ano tampouco podían faltar os frikis. Así temos a Serbia, á República Checa cun grupo xitano no que o seu líder se cre unha especie de supermán; e Bélxica, cuxo cantante se disfraza de Elvis Presley e di, dun xeito moi gracioso, que en EE.UU. había un imitador seu.
- Alemaña leva á streaper Dita Von Teese para amenizar ós espectadores, e Acerbaixán leva unha canción que ben podería ser a española.
- Ucraína chega a Moscova cunha das peores cancións. Sen embargo, está entre as favoritas pola súa posta en escena.

Por outra parte, os países occidentais, ca nova normativa de que o voto se divida entre as chamadas do público e un xurado profesional, parece que volven a poñerse as pilas e envían grandes temas e/ou famosos cantantes. Así veremos no palco moscovita a Patricia Kaas (Francia), a Noa (por Israel, que cantará acompañada dunha palestina en inglés, hebreo e árabe), Sakis Rouvas (por Grecia, que participará por terceira vez no festival; unha delas coma presentador, no ano 2006) e, por suposto, Soraya (España).

Ca cantante estremeña as ilusións españolas volven, e non só entre os eurofáns, despois de varios anos enviando bodrios ó festival. Tódalas casas de apostas, tanto as de pago como as que non o son, sitúan á ex triunfita nos primeiros postos. O certo é que desde o ano 2002, cando Rosa representou a TVE, España non volvía a estar tan arriba nas apostas. Unha canción actual, que podería firmar perfectamente Turquía, cunha boa posta en escena e a vantaxe de cantar no último posto da final, fan que todos realmente creamos que este ano si pode ser o noso. Aínda que vai a estar difícil.
Este ano hai moitos favoritos: Islandia, Suecia, Grecia, Turquía, Estonia ou a mesma España, por dicir algúns.
Pero nesta ocasión pasa algo que non acontecía desde facía moito tempo. Tódalas apostas do continente (TODAS) dan como gañadora a Noruega, que se presenta cun rapaciño que lle canta ó seu amor, con violín en man, mentres ó redor non paran de dar brincos. Unha canción bonita, rítmica e que soa a folclore noruegués.
O único que pode facer a esta canción perder é ela mesma. Explícome: é tan claramente favorita (aínda que non estea entre as miñas dez primeiras), que pode acontecer que a xente deixe de votala por ese favoritismo do que goza. Non sería a primeira vez que pasa. As Tatu, por exemplo, xa sufriron ese castigo por parte dos seguidores do festival.

En definitiva, unha edición na que por fin volve a calidade (especialmente dos países occidentais) e na que a canle rusa Channel One se gastou millóns de euros.
Estamos ante o festival de Eurovisión máis caro da historia e, probablemente, tamén ante o mellor, musicalmente falando.

E agora as miñas favoritas.
Este ano estou encantado cos países escandinavos e, por suposto, non podía faltar na miña lista un toque dos Balcáns, como fago en cada edición.
A continuación, divido en tres bloques as cancións que me gustan. No primeiro, aquelas que quero que gañen; no segundo, as que non me importaría que gañasen; e no terceiro; as que me gustan, pero non tanto como para gañar.

1.Islandia, Suiza, Reino Unido, Dinamarca, Suecia, Bosnia, Chipre, Finlandia e Francia.
2.España, Malta, Noruega, Polonia, Irlanda e Eslovenia.
3.Turquía, Estonia, Hungría, Lituania, Acerbaixán, Portugal e Romanía.


Benvidos ó mellor festival de Eurovisión da historia.

3 de mayo de 2009

Beckham

Non sei o que lle pasa a Beckham.
Non sei por que me segue ou intenta facer unha vida semellante á miña.

Que eu vou para Madrid estudiar? Pois el vai ó Real Madrid xogar.
Despois decido ir a un país anglosaxón. Pois el vai a outro.
Máis tarde escollo Milán, pero para unha estancia breve. Pois el tamén.

Pretende imitarme?

Beckham, smettila!