25 de mayo de 2010

Eurovisión 2010

Un ano máis, esta vez máis tarde que nunca, volve o maior festival de música do mundo: Eurovisión.
Oslo acolle a 55 edición despois de que o seu representante do ano pasado gañase en Moscova ca maior puntuación da historia (a máis de cen puntos de diferencia do segundo).
Despois dunha década, o festival volve a un país occidental, moderno, rico e que xa gañara anteriormente (nos anos 85 e 95).
Noruega recibe a un festival afectado pola crise económica. Se cadra por iso, o nivel deste ano é, segundo a miña opinión, un dos peores dos últimos anos. Cheo de baladas, bastantes cancións malas e pouca innovación en xeral. Semella que ninguén quere gañar este ano porque sabe que, se o fai, a que se lle vén enriba é tremenda.

As favoritas nas apostas desta edición son, despois de moitos anos, os países occidentais: Alemaña, Dinamarca ou Noruega, entre outros. Pero, por riba de todas elas está a súperfavorita Azerbaián, un país empeñado en gañar para que o mundo saiba situala no mapa. ¿Veremos Eurovisión 2011 en Baku?

Eu, entre outras, aposto por Estocolmo, Tallin ou Bruxelas 2011. Por esa orde, Suecia, Estonia e Bélxica son as miñas favoritas, por ser cancións nada típicas en Eurovisión e por apostar pola calidade, aínda sabendo que é moi arriscado para un festival no que prevalece, por sorte cada vez menos, o espectáculo.

Compartide o momento! Share the moment!

11 de mayo de 2010

Negro alterado

Volvíamos Carme (unha compañeira do máster) e máis eu para casa no metro unha noite calquera. Na parada de Legazpi tiñamos que facer transbordo. Polo corredoiro do metro, entre a xente, ía diante nosa un negro golpeando de cando en vez, de forma violenta, todo aquelo que atopaba. Xa coincidiramos no mesmo vagón antes de chegar a esa parada e xa o negro ía montando o espectáculo batendo forte nos cristais. Realmente daba un pouco de medo, pero é relativamente normal atoparse con xente estraña en cidades coma esta.

De súpeto, perdemos ó negro de vista. Esquecémonos del. Carme e eu separámonos porque cada un ía nunha dirección. Cando por fin chegou o meu tren, subinme e situeime no medio do vagón, de pé porque ía cheo de xente, entre os asentos, agarrado ó ferro que hai no centro. Había un asento baleiro xusto diante miña e estiven a piques de collelo, pero nese segundo de dúbida unha persoa adiantóuseme. Negro tiña que ser, pensei. Decateime de que era o mesmo negro que ía batendo en todo canto atopaba e que perdera de vista facía dez ou quince minutos.

Só había dúas paradas ata a miña casa. Arrancou o tren.
Hai xente que se marea nos coches, nos autobuses, nos barcos e mesmo nos avións. Pero vese que isto dos mareos non ten límites e hai a xente que tamén lle pasa no metro.
Ben, iso ou que levaba unha melopea enriba sen xeito ningún. Porque ós poucos segundos de poñerse en marcha o tren, o negro comezou a vomitar coma un descosido.
Lembrade que o negro estaba xusto enfronte miña e nin se molestou en apartarse. Obviamente, fuxín de alí como puiden.
Sorprendentemente, non me caeu nada de vómito enriba. E iso que era a persoa que máis preto estaba del. Estrañoume tanto que mirei varias veces se me manchara. Mesmo cando cheguei a casa fixen un repaso á roupa, e nada. Ás veces as milagres existen.

Pero o máis curioso foi que, malia que o vagón estaba completamente cheo, a xente apertouse coma sardiñas para que o vómito non os alcanzase. Saltaron (saltamos) no aire!

Alí quedou o negro, vomitando en soidade. Cando parecía que xa non podía expulsar máis, volvíalle a dar unha arroutada (tipo a nena do Exorcista) e vomitaba. Así unhas cinco ou seis veces. En cada unha delas escoitábase o son dun líquido mesturado con sólidos golpeando no chan, e un ‘aggghhhh’ a coro dos viaxeiros do metro. Unha situación moi agradable.

Por certo, o negro esa noite ceara macarróns con carne picada.
E outro dato: ese home non mastica a comida porque lle saían os macarróns enteiros. Se a alguén non lle dera noxo, podía colle-los macarróns do chan, pasarlles unha auguiña e volvelos a comer, porque estaban en perfecto estado.
Se cadra o negro ese facía coma nós no comedor do colexio: competicións para ver quen tragaba máis macarróns xuntos sen masticar.

El debeu se-lo gañador esa noite.
Parabéns, negro.

5 de mayo de 2010