29 de julio de 2009

Toponimia italiana

Algunha vez parástesvos a pensar canto sabedes de xeografía de Italia? Seguro que non, pero asegúrovos que, sen querelo, sabedes moita. Grazas, sobre todo, á comida (toda unha relixión en Italia), coñecemos cidades, rexións e o seus topónimos. Aí van algúns exemplos:

Lombarda: aparte de ser unha habitante da rexión de Lombardía, nós coñecémola máis por ser un tipo de leituga.

Milanesa: non só é unha habitante da cidade de Milán, tamén é un bisté empanado e fritido.

Siciliana: así chámanse as mulleres da illa de Sicilia, pero tamén é un tipo de mortadela.

Boloñesa: é o topónimo das que habitan na cidade de Boloña, pero tamén o tipo de salsa máis coñecido para a pasta.

Napolitana: con esta palabra podémonos referir á habitante da cidade de Nápoles, ou ó pastel recheo de chocolate.

Romana: palabra ca que nos podemos referirá á muller que vive na capital de Italia, Roma, ou a un tipo de pizza.

Tarantino: dise do habitante da cidade de Táranto, pero tamén é o apelido dun famoso actor (e director?) de Hollywood.

Parmesano: habitante da cidade de Parma, ou tamén un tipo de queixo con moito prestixio en Italia.

Caprese: palabra empregada para referirse ós habitantes da illa de Capri e tamén a un tipo de ensalada.

Con só estes poucos exemplos, recorremos a xeografía italiana de norte a sur. Seguro que hai máis. Ocórresevos algún?

23 de julio de 2009

Italiano

O italiano. Que bonita lingua, verdade?
A continuación déixovos unha lista de palabras en ‘italiano’ que apareceron nos xornais e programas de televisión do país da bota durante os últimos meses. Son palabras utilizadas a diario por calquera italiano da rúa. Ó principio sorprende un pouco oílas, pero acábaste acostumando:

weekend – fin de semana
Premier – primeiro ministro
day after – o día despois
leader – líder
nomination – nominación
USA – EE.UU.
partner – compañeiro
summit – cumio
First lady – primeira dona
stand – posto
film – película
staff – empregados
middle-class – clase media
team – equipo
manager – director, xefe
far west – distante oeste
killer – asasino
ok – vale
design – deseño
computer – ordenador
stop – parar
convention – congreso
top ten – os dez mellores
low cost – baixo custo
leadership – liderato
news – noticias
gossip – cotilleo
budget – orzamento
location – lugar
download – descarga
file-sharing – carpeta compartida
under – sub
teenager – adolescente
match – partido
pullman – autobús
station wagon – cocheira (?)
break – descanso
appeal – apelo
turnover – facturacións
no profit – sen ánimo de lucro
follow up – completar
soft – suave
fiction – ficción
chance – oportunidade
asset – vantaxe
sold out – esgotado
happy end – final feliz
supporter – seguidor
private equity – (?)
big – grande
task force – tarefas de forza (?)
privacy - privacidade
decoder – decodificador
meeting – reunión
star – estrela
shuttle – lanzadeira, enlace
mix - mestura
shopping – facer compras
hard disk – disco duro
recorder – gravador
welfare – benestar

... e moooooitas máis.

O máis sorprendente é que, a pesar de que teñen unha cantidade enorme de palabras inglesas no seu vocabulario, os italianos falan fatal inglés.