29 de marzo de 2007

Miss España

Un ano máis o espectáculo cutre de Miss España volveu á televisión (para que logo digan de Eurovisión... Alí polo menos actualízanse).
Como vén sendo costume dende hai uns anos, Marina D'Or, ciudad de vacaciones acolleu este evento ó que lle poderían chamar Miss tongo, en vez de Miss España.
Pero para tongo, tongo o dos míster, pero ese xa é outro tema.

Despois de ver desfilar en biquini ás 52 candidatas representando a beleza desta grande nación (hai mulleres moito máis guapas na rúa) fíxose o primeiro corte.
Só 26 pasarían e aí chegou un dos grandes momentos da noite: a cara de Miss Valladolid cando lle deron a mala noticia.
Dende agora hai unha nova expresión: Cara miss-valladolid. Dise de aquela persoa que pon cara de asombro, de sorpresa e de indignación cando recibe unha información que non esperaba.
Pensaba que me mexaba por min cando vin aquel momentaaasso.

Continúa a gala. A reporteira do Tomate, que non sei que facía alí, estaba no backstage (parte traseira do escenario) facendo preguntas estúpidas ás desafortunadas misses.
Unha delas, entre bágoas, dixo que non choraba por estar eliminada, senon polas súas compañeiras que pasaran. ¿Pódese ser máis falsa? ¿Alguén creu a esa muller?
Despois dela a reporteira preguntoulle a outra miss de Castilla (parece que aí están as mulleres máis feas do mundo porque é incrible a representación que levan tódolos anos). Probablemente era a máis fea do certame e á do Tomate non se lle ocorreu outra cousa que preguntarlle:
-¿Te ha soprendido tu eliminación?
Eu pensei, a ver que di esta. Pero ela moi honesta dixo que non. Non me extraña miña filla. ¡Vergonza che tiña que dar presentarte!

Despois do momento tongo que foi eliminar a miss A Coruña (era moi guapa) chegou a final.
Alí as seis finalistas tiñan que pasar pola gran proba de falar en público.
Turno de miss Gipuzkoa. Despois do rollo repetitivo que soltan todas dixo:
-Sobre todo se lo agradezco a mi hermana y a mi novio que están aquí conmigo.
E aí chegou o grande momento da noite.
A cámara dirixiuse ó público e viuse á irmá da miss e ó suposto mozo dándose un morreo de varios segundos.
Quedei morto.
¡A irmá e o mozo dándose o lote diante de toda España e, o que é peor, diante de miss Gipuzkoa!
Despois de uns minutos flipando a organización encargouse de sentar ó verdadeiro mozo da miss ó lado da irmá (que, por certo, era máis guapa que a miss). A quen estaba bicando a irmá máis odiada de España nese momento era ó seu verdadeiro mozo, non ó da miss.
Respirei tranquilo.

Se tódolos anos vai ser así eu declárome dende hoxe fan do concurso Miss España.

27 de marzo de 2007

Todólogos

Todólogo é aquela persoa que opina de todo, que cre saber de todo aínda que, en realidade, non saiba nada.
Sempre se dixo que é mellor saber un pouco de todo e non moito de un pouco. Pero hai xente que cre saber demasiado de todo.
Todos algunha vez pecamos diso. Eu o primeiro.
Pero hai verdadeiros expertos na televisión:

O meu ‘favorito’ é Ramoncín (agora queren que lle chamen Ramón porque un todólogo como el non se pode chamar Ramoncín). El sabe de todo.
Boto de menos aquelas noites de Crónicas Marcianas nas que sempre estaba opinando. Profesión: opinador.
¿Sobre relixión? Alí estaba Ramoncín (perdón, Ramón).
¿Sobre política? Ramoncín sabe.
¿Educación? Tamén.
¿Economía? ¿Televisión? ¿Marujeos? ¿Ciencia? ¿Moda? ¿Deportes? ¡Todo! Sabe de todo!
¿Como é posible que un home saiba tanto de todo e estea tan desaproveitado? Por algo será… Ramoncín, un consello: adícate á música, que nin sequera iso fas ben.

Outra todóloga é Belén Esteban. A min esta cáeme mellor (por certo vina en Telecinco e é tan ordinaria ou máis que na tele).
Ela polo menos, a diferencia de Ramoncín, só opina desas cousas que se contan na perruquería, verdulería e tódalas ‘erías’ que poidades imaxinar.
¿Quen sabe máis de marujeos que ela en España? ¡Ninguén!
É gracioso ver o ‘documentada’ que ela vai a xunto Ana Rosa. E, sen dúbida, ten os mellores argumentos: porque-si, ou tamén, porque-o-digo-eu.
Con ela polo menos ríome.

Hai moitos máis dos que poderíamos falar eternamente, pero non hai espacio.
Con isto xa vos podedes facer unha idea do que para min é un todólogo.

Nesta lista están tamén o Conde Lecquio, Jesús del Pozo, a catalana independentista esta (non me lembro do nome), etc, etc, etc.
Unha pila de xente que ten como profesión opinar.
Un todólogo.

20 de marzo de 2007

Mensaxe ós meus fans

Ola queridos fans, admiradores e demáis seres que vos paseades por aquí.
Só quería informarvos de que non estou morto, só que non teño tempo de escribir con tanta clase e prácticas (por certo, podédesme oír en Radio Exterior de España. En internet).

En breve saberedes máis de min, aínda que vos pese.
Seguirei recibindo críticas (por certo, moi numerosas), pero nunca vos deixarei. Débome a vós.

¡Uf! Creo que xa se me está subindo a fama á cabeza. Falo como Bustamante.

12 de marzo de 2007

Mortadela e atún

O meu nariz é como un pequeno baul. Nel podo gardar pequenas cousas.

Un día, cando aínda estaba no Seminario, tíñamos de merenda un deses bocadillos tan ricos de mortadela. Teño que explicar que os bocadillos estaban feitos de pan e dúas lonchas (contadas) de mortadela barata e asquerosa. Todo un manxar, vamos.
Eu, como sempre, collín o meu bocadillo e comino. Un anaco máis tarde sentín no nariz unha grande molestia. Unha dor na parte alta do nariz. Como se tivera un moco enorme. Soeime e soeime ata que saíu. Mirei rápidamente o pañuelo e vin algo como sangre. Pero despois volvín a mirar e resulta que era un anaco de mortadela, que en vez de ir da boca para a gorxa foi da boca para o nariz. ¿Como? Non sei.

Algo semellante pasoume uns anos despois en Madrid. Comín, como sempre, o meu prato favorito: espaguettis con atún. Volvín a ter esa dor no nariz como outrora. Xa nin me lembraba daquela anécdota ca mortadela. Soeime e soeime outra vez. Esperaba atoparme co moco máis grande da historia. Pero non. ¡Era un anaquiño de atún! ¿Como chegou o atún ata o nariz?

Non puiden parar de rir o día que me pasou. ¿Qué será o próximo? ¿Unha pataca? ¿Un anaco de carne? Espero ansioso ese día.