25 de abril de 2009

Milanés

Faltaba Milán na lista, pero agora xa a podo tachar. Xa estou tranquilo. Pasoume en Santiago, en Fuenlabrada (aínda que non me sinta orgulloso diso), en Aveiro, en Madrid, en Londres e agora en Milán.
Pensaba que aquí non ía acontecer porque en tres meses era difícil que coincidira; porque levo pouco tempo na cidade e porque hai que ter moito 'estilo' para iso. Pero pasoume. Pensaron que eu era de Milán.
(Á dereita, unha foto miña paseando pola cidade :P)

Ía paseando polo centro, ó lado do Duomo, cando unha parella de xoves achégase a min. A rapaza pregúntame:
-Scusa, sai dov’è Piazza Fontana?

Eu puxen cara de que me pillaba nun apuro, e creo ata se me escapou un No, sorry (porque aquí dáseme por falar en inglés). Non tiña nin idea de onde estaba a praza esa (agora seino, e resulta que estaba ó outro lado do Duomo), en realidade dábame igual. O importante era que me alegraron o día.

Uns días despois estaba eu na praza do Duomo mirando a catedral coma un parvo. E un rapaz acércaseme preguntándome polo nome dunha rúa. Eu díxenlle: Scusa, non parlo italiano. O rapaz quedoume mirando como se non me crera e marchou.

Días máis tarde, pretiño de alí, á lado da Scala, outro rapaz preguntoume se sabía onde estaba Via Manzoni. Nesa ocasión puiden axudalo porque eu ía de turista ca miña guía e aprendérame o nome da rúa. Por unha vez sentinme útil.
De tódalas veces que me preguntaron en calquera cidade, esa foi a primeira na que souben responder.

Desde entón, paseo polas rúas de Milán dicíndome: Ma che figo sei! Tutti pensano che sei milanese! (Ma non è vero).

O que me dá rabia é que sempre me preguntan se son da cidade na que vivo e nunca podo axudar á xente. ¿Por que isto nunca me pasa en Laxe?

Se cadra porque alí non hai nada que preguntar.

15 de abril de 2009

Desaparecer

Fai un par de horas Silvia e mais eu estabamos a falar polo messenger de todo un pouco.
Ela empeñouse en que tiña que escribirme en español e eu a ela en italiano (ou en algo semellante ó italiano), así os dous podíamos aprender. Recoñezo que non teño nin idea de conxugar verbos en italiano, non obstante ela sábeo facer moi ben en castelán.

Nese momento, lémbrase de que na canle Rai Due están a poñer a final de Factor X e quéreme explicar algo dos cantantes do ano pasado, que desapareceran da órbita do famoseo italiano.
Aí comeza a broma. Ela pregúntame se a conxugación da terceira persoa do plural do pretérito perfecto do verbo desaparecer en español é desaparecieron. A resposta, obviamente, era que si, pero eu díxenlle que non, que a conxugación dese verbo era unha excepción no español.
Para rematar a broma, propúxenlle que conxugara o verbo.

Velaí vai o conversación orixinal (ca puntuación e gramática española revisada):

Silvia di:
Uy!!! Me acabo de dar cuenta que en Rai Due hay la final de X-Factor!
Silvia di:
los chicos que ganaron el año pasado
Silvia di:
desaparecieron (DESAPARECIERON???)
Silvia di:
pero la chica que quedó segunda, después de ellos
Silvia di:
es famosísssssima en Italia
Silvia di:
(yo la odio)
Ramón di:
ma non é oggi!!!
Silvia di:
qué, la final?
Ramón di:
ma non é la finale!!
Silvia di:
seguro?
Silvia di:
como lo sabes?
Ramón di:
disepericeron!!!
Ramón di:
é una eccezione!
Silvia di:
pero espera
Silvia di:
el verbo es DESAPARECER?
Ramón di:
si
Silvia di:
ok
Silvia di:
entonces cómo es en español?
Ramón di:
é una eccezione
Silvia di:
aaah, ok
Ramón di:
quindi, com'è il verbo desaparecer in spagnolo???
Silvia di:
el verbo...
Silvia di:
espera
Silvia di:
disepericeron!! :)
Ramón di:
ma dimi tutti: yo, tu...
Silvia di:
ah! ok, espera
Silvia di:
yo...
Silvia di:
mmm
Silvia di:
...disepericí
Silvia di:
tu disepericiste
el diseperició
nosotros disepericimos
vosotros disepericisteis
ellos disepericieron
Silvia di:
ellos disepericeron, perdón
Silvia di:
ESTOY SUDANDO, JODER!
Silvia di:
lo estás buscando en el diccionario porque ni tú lo sabes??? :)



Despois de rirme como facía tempo que non me ría, feliciteina porque 'conxugara' moi ben o verbo, aínda que -díxenlle- tivera un par de erros sen importancia.

Ata que lea isto, Silvia continuará pensando que o Pretérito Perfecto do verbo desaparecer é:

disepericí (desaparecí)
disepericiste (desapareciste)
diseperició (desapareció)
disepericimos (desaparecimos)
disepericisteis (desaparecisteis)
disepericeron (desaparecieron)


Cando o vexa, vaime matar.
É unha parvada, pero rinme tanto que o teño que publicar.

9 de abril de 2009

Flight/volo London-Milano

O día 31 de marzo de 2009 fixen o voo máis bonito da miña vida.

Deixaba atrás Londres, unha cidade que me deu moitas alegrías e poucas penas durante case un ano e medio, e tiña por diante Milán, que non sei o que me deparará nos próximos tres meses.

Sempre pensei que cando deixase a capital británica sería un día moi triste, no que ía chorar, como o fixen cando deixei Aveiro e Madrid. Pero a diferencia nesta ocasión era que non volvía a casa, senón que ía para un sitio novo. Os nervios e a emoción foron as que me impediron despedir Londres como se merecía.

Pero falemos do voo:
Cando despegamos en Heathrow, as nubes que cubrían o ceo non deparaban un traxecto moi interesante, pero iso cambiou ó chegar ó Canal da Mancha. Desde o avión podíase ver Brighton e a costa sur inglesa perfectamente, cos seus acantilados brancos. Xa no continente, podíase apreciar Normandía con toda claridade. Iso é todo, pensei eu.

Pero a miña sorpresa chegou cando miro pola fiestra do avión mentres comía o delicioso sandwich que British Airways nos serviu e vexo claramente París. Podíase ver o río Sena perfectamente, o Arco do Triunfo, os Campos Elíseos e os estadios do PSG e Saint Denis. Iso foi todo o que puiden recoñecer (bastante, tendo en conta que nunca estiven na capital gala).

Uns minutos despois o GPS do avión indica que estamos sobrevoando Xenebra. Miro e vexo o lago Léman ca cidade ó seu carón. Precioso.

Pero a mellor paisaxe aínda estaba por chegar. Pasamos Suíza e entramos nos Alpes completamente nevados e sen ningunha nube que nos ocultara as preciosas vistas (así describiunas o piloto polo altofalante).
Teño viaxado moito e teño visto moitos tipos de paisaxes, pero, sen dúbida, a dos Alpes foi a mellor que vin na miña vida (e será moi difícil que alguén lle quite ese posto).
Poder ver desde o aire practicamente por completo unha das maiores cadeas montañosas do mundo, cos seus cumios nevados e sen que nada se interpoña, é un luxo. Alén diso, se temos en conta que todo isto se facía en movemento, á beleza en si mesma das montañas, engádenselle as diferentes perspectivas que tiña da paisaxe.
Non me vou molestar máis en intentar describir como eran as vistas porque, por moito que o faga, nunca imaxinaredes a incrible paisaxe. Simplemente recoméndovos que collades o voo Londres-Milán nun día despexado para ver o que eu vin.

E agora a anécdota do día:
Ramón non para de triunfar.
Fun ó baño do avión e ó saír o azafato e unha das azafatas dixéronme a coro:
-I like your jacket!

Eu mireinos, estrañado, porque non cría que se referiran a min.
-Seriously?, respondín eu cunha pregunta, coma bo galego.

-You don’t like your jacket?, preguntoume un deles.
-Yes, but..., dixen eu (pero non con ese entusiasmo co que vós mo decides, pensei eu). £8,81 in Primark!, continuei dicindo, como explicando que unha chaqueta tan barata non merece esas alabanzas.
-In Oxford Street?, preguntou o azafato.
-Yes!, contestei eu con contundencia. E entón volvín para o meu asento con chulería, triunfante.

Durante o resto do voo sabía que me ían ollar, así que eu facíame o interesante mentres colocaba ben a chaqueta.
Cando marchei (fun o último en saír adrede), puxen outra chaqueta por riba (como dicindo: se vos gustou a outra, esta vaivos encantar) saudei ós azafatos e comecei a camiñar polo corredor do avión con chulería, sabendo que eles me estaban ollando.

Sen dúbida, un voo para recordar.