7 de junio de 2012

Bakú, esa cidade

As expectativas do meu primeiro Eurovisión eran moi altas, aínda que xa ía mentalizado de que non todo ía ser tan bonito como eu pensaba.
As cousas comezaron ben, pero pronto cambiaron ó chegar á capital azerí. Foi unha viaxe na que me pasaron cousas moi boas e moi malas. Os dous extremos.
Moi malas: tiven problemas para entrar no país por ter viaxado a Armenia (un pecado en Azerbaián). O hostal era unha casa ilegal que se caía a cachos, que estaba moi lonxe do centro, cun baño e unha cociña moi sucios, con camas de madeira, con ruído, cun hostaleiro irrespetuoso e estafador, etc, etc, etc. Non puiden ir ó primeiro ensaio (para o que tiña entrada) porque os da OGAE Portugal non me deran a tempo os tickets (malia que estiven intentando contactar con eles desde 15 días antes) e case non chego á segunda semifinal polo mesmo motivo. Aínda por riba, as entradas para o festival eran malísimas, malia que pagáramos por unhas moito mellores. A xente, en xeral, é moi frívola e, realmente, non lle importan os demais (salvo excepcións). O país está cheo de lelos. E, na viaxe de volta, a miña maleta perdeuse no transbordo en Moscú. Apenas durmín e o esgotamento duroume unha semana desde que cheguei a casa.

Pero tamén pasaron cousas moi boas: cumplíuseme un soño e coñecín xente marabillosa.

Sen dúbida, este non vai ser o único Eurovisión nin o mellor. Pero foi o primeiro e del aprendín moito. Houbo moitas pedras nas que non vou volver tropezar.