Non son máis tonto porque non me fixeron.
Vós que me coñecedes sabedes que son unha persoa moi propensa a quedar mal e a facer todo mal.
Hai dous días, o luns, tiven un deses días nos que varias cousas me saíron mal ou quedei mal.
Ningunha delas foi grave, pero fastidian. Cóntovos:
Estaba eu nunha clase e necesitaba un boli porque non tiña, así que chamei a unha chavala que case non coñecía a pensaba que se chamaba América. Chameina e ela extrañada prestoume o boli. Máis tarde dinme conta de que quen se chamaba América era a súa amiga, non ela.
Bo, un pequeno erro sen importancia.
Nesa mesma clase, pero máis tarde, viñéronme as ganas de espirrar. Rápidamente saquei un kleenex e espirrei. Uns minutos máis tarde toquei algo extrano na miña chaqueta. Pensei:
- ¿Que é isto?
Miro e vexo que calculara mal co kleenex. ¡Era un moco! Non cheguei a tempo á hora de espirrar e o moco, en vez de estar no kleenex, estaba na miña solapa, como se fose un pin ou unha chapa. Por sorte eu estaba na última fila e creo que ninguén se deu conta. Ou iso espero.
Pasou o día, pasou a romería.
Pola tarde tiven outra clase e cando acabou, como estaba morto de fame, fun á máquina para comprar un sandwich. Era unha destas máquinas xiratorias nas que tes que escolle-lo producto e o oco queda vacío cando sae. Pois adiviñade o que me pasou a min. ¡Correcto! Escollín un deses ocos que estaba vacío, así que paguei 1,15€ por un pouco de aire, de espacio valeiro.
O peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa. Xa é a segunda vez que puiden degustar o aire fresco da máquina da universidade. Acabei o día cabreado e con máis fame aínda.
Para colmo, cando vou para casa encóntrome con que o metro está avariado xusto na parte pola que eu teño que pasar, así que con filosofía díxenme:
- Bo, Ramón, desfruta do paseo por Madrid.
Pasei por Atocha, de aí á Porta do Sol, logo a Príncipe de Vergara (pasando polo Retiro) e, por fin, a Artilleros. Iso si, todo baixo terra. O que normalmente me leva unha hora escasa, levoume máis de hora e media.
Cheguei a casa e fun durmir. Era o mellor que podía facer para esquece-lo día.
3 comentarios:
ayss... me gustaría poder escribirte en galego, chico, pero ya con el italiano tengo la cabeza llena...
Me has puesto una sonrisa en este giovedì matina, con tu forma de escribir, tan sana, tan alegre.
un besazooooooo, geleginho mio.
ah ahora! jo monchu vas a poñer de moda os pins-moco.Asi me gusta creando tendencia jaja un bico primi ven pronto
maria, te voy a corregir pero no te cabrees, es solo porque quiero que aprendas BIEN el italiano (tu tambien corregime a mi!!! ;))...es maTTina, con dos T :)
baci, buona notte
Publicar un comentario