
Unha que se presentou 11 veces á preselección do seu país e por fin este ano conseguiu gañar (Malta).
Dous travestis (Dinamarca e Ucrania)
Cancións polémicas contra Rusia e Irán (Ucrania e Israel, respectivamente)
Imitadores de Il Divo (Letonia)
Irmáns de antigos gañadores de Eurovisión (Estonia)
Unha canción acusada de promove-lo satanismo (Suiza)
Récord de países participantes (42), cas novidades de República Checa, Montenegro, Georgia e Serbia.
Canción-orquestra cutre (Portugal)
Cantantes que repiten no festival (Macedonia, Holanda)
Récord de grupos (11)
Mestura de idiomas: Letonia canta en italiano; Ucrania en ruso, ucraniano e mongol; Chipre en francés; Rumanía en rumano, inglés, ruso, italiano, francés e español; Noruega un anaquiño en español; Israel canta en inglés, francés, hebreo e árabe… E todo isto en só 3 minutos.
Cancións ecoloxistas (Andorra)
etc…
Récord de países, récord de linguas, récord de estilos (ópera, rock, heavy, pop, latino, baladas, celta, disco, blues, swing, música indescriptible...).
¿Alguén dá máis? Isto é Eurovisión 2007.
E España... como case sempre, unha merda... I love you, mi vida. Con esa canción pretende TVE que gañemos. Unha das compositoras da canción é Rebeca, a cantante de Duro de pelar, ese éxito dos noventa que cantabamos cando éramos pequenos (non o neguedes, todos temos un pasado escuro). Por certo, a comentarista española, Beatriz Pécker, a muller que sustitúe a Uribarri (a mítica voz de Eurovisión), é a miña compañeira en RNE.
¿E quen nos votará este ano?
¿Portugal por ser veciño?
¿Suiza polos emigrantes?
¿Grecia porque a raíña é dalí?
¿Bosnia porque as tropas españolas estiveron colaborando durante moitos anos?
¿Alemaña porque Franco apoiouna na II Guerra Mundial?
¿Francia porque os Borbón son de orixe galo?
¿Rusia porque promovémo-la súa cultura cas ensaladillas e montañas rusas?
Calquer excusa é boa.
Non nos fagamos ilusións que despois sempre dicimos o mesmo: ‘’sempre gaña un país do norte ou do este’’. Evidentemente. Tódolos países agás Portugal están máis ó norte e/ou ó este que España. ¡Que mal perder temos!
E aí van as miñas favoritas:
1. Suecia. 2. Irlanda. 3. Bielorrusia. 4. Andorra. 5 Eslovenia. 6. Suiza. 7. Bosnia-Herzegovina.
Benvidos ó maior espectáculo de música do mundo. Péselle a quen lle pese.