30 de abril de 2012
Eurovisión 2012
En menos dun mes, un dos meus soños vaise facer realidade (ou debería, se todo vai ben): ir a un festival de Eurovisión.
Sempre dixen que cando traballara, collería as vacacións na semana de Eurovisión e, por fin, este ano podo facelo.
E si, xa sei que non é o mellor momento:
-A crise agudízase máis que nunca.
-Azerbaián é o país máis lonxano dos que participan no festival.
-A viaxe e a estancia son moi caras.
-É o ano con peor calidade musical.
-Organiza un país con moitas dúbidas no que a dereitos humáns se refire.
-Hai ameazas de terrorismo.
-Podería ter complicacións co visado por ter viaxado a Armenia antes.
Tanto dá. Por primeira vez podo permitirme ir e (repito), se todo vai como debería, en menos dun mes debería estar gozando do maior festival da canción do mundo.
A guinda do pastel sería que gañasen Suecia, Dinamarca, Suíza, Alemaña, Israel ou España.
Bakú, alá vou!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)