24 de septiembre de 2007

5.10 am


Era unha noite de inverno calquera no piso de Fuenlabrada, hai dous anos.
Tíñame que erguer ás 8.00, como cada día, para ir a clase. Era unha mañá (mellor dito, unha noite) escura e fría, como todas a esas alturas do ano.

Esperteime sen que soara o espertador e vin que eran as 8.20 horas da mañá.
Chegaba tarde a clase, así que, angustiado e sobresaltado, levanteime rapidísimo da cama, collín o albornoz e fun cara o baño disposto a ducharme.
Rápidamente abrín a billa e comezou a correr a auga para que se quentase mentres comezaba a espirme.

Non sabía por que, pero o ambiente parecíame raro.
Non parecía que fosen as 8.20 horas, pero xuraría que vira o espertador marcando esa hora. Pensei que eran parvadas miñas, así que continuei quitando o pixama.
Metín un pé na bañeira, pero como me parecía unha mañá rara, decidín ir asegurarme da hora que era.
Cheguei ó meu cuarto. Mirei o espertador e vin que marcaba as 5.10 horas. Pensei que se parara.
Ollei o meu reloxo. Marcaba as 5.10 horas. Pensei que tamén se parara. Pero era moi estraño que se pararan os dous ó mesmo tempo.
Non o podía crer. ¡Espertárame tres horas antes!

Volvín ó baño, cerrei a billa, puxen de novo o pixama e deiteime. Aínda me quedaban case tres horas para durmir. Esperaba que os meus compañeiros de piso non se enteraran.

Sentíame coma un parvo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

ra,cuenta lo de aquella vez que quedaste "encerrao" en tu terraza, en madrid...por fi...

Anónimo dijo...

esta tarde noche quedamos ok?
con las lurpias estas vale, o sea, llámame, que te sobra saber quién soy

Ramón dijo...

Supoño que serás Naty. A ver, alma de deus, xa escribín esa historia no blog. Só tes que buscala. Foi unha das primeiras.

Anónimo dijo...

´jajajajaja! eu tamén me acordei da historia da terraza mentres leía esta. jiji!!! seguro que a escribiches?
por certo... aproveito para decirche que este sábado hai que sair e que te animes, espero verte e!! un biquiño ki

Anónimo dijo...

meu amore yo no escribí esos comentaros...te has equivocado...