
Antes disto pedíramos algo para comer (como podedes ver na foto de abaixo) mentres disfrutábamos do clima cubano.
Julita marchou para o noso cuarto e eu quedei só.
Cando acabei de comer, pedinlle ó camareiro que me trouxera a conta, e depois dun certo tempo (o ritmo cubano é unhas dez veces máis lento que o español e unhas vinte veces máis que o galego) chegou con ela.
Creo recordar que eran uns 12.80 CUC (peso cubano convertible), así que o troco eran 7.20 (un billete de 5 CUC, dúas moedas de 1 CUC e outras dúas de 10 centavos).
O camarareiro, moi amable el, tróuxomo xunto ca factura e unha carpetiña.
En Cuba e moi típico deixar propina. Déixase propina en todo, mesmo se che rouban hai que deixar propina. É algo fóra do normal.
Como ía dicindo, o camareiro tróuxome o troco e quedou ó meu lado de pé esperando.
Eu pensei:
-¡Que morro ten! Se quero déixolle propina, pero que non me presione esperando á miña beira.
Pero aínda pensando isto, dinlle os 20 centavos.
Ó camareiro debeulle parecer pouco porque continuou de pé o meu lado, así que eu dinlle tamén as dúas moedas de 1 CUC mentres dicía, con xesto de opulencia:
-Quédese con esto también.
O camareiro cubano estábase a facer de ouro. Déralle 2.20 CUC, que para el era como para nós ter uns 50 euros, así que estaba encantado.
Despois de coller a propina, e só despois, espetoume:
-Señor, yo sólo quería la carpetita.
¡Caín para atrás!
Eu dándolle propinas e el, sen dicir nada, colléndoas mentres esperaba pola dichosa carpetiña.
Se non me chega a dicir nada acabaríalle dando o billete de 5 CUC, e xa case me sairía máis cara a propina que a propia comida.
Despois de pasarme isto fun correndo ó noso cuarto contarllo a Julita mentres ela agonizaba.
A xente non ten corazón. Venme cara de parvo e aprovéitanse de min.
1 comentario:
AL FIN UNA HISTORIETA TUYA!!!!!!
ROBER Y YO NOS ESTAMOS DESCOJONANDO EN EL AULA NET!!!!
CIAO AMORE
Publicar un comentario