24 de diciembre de 2007

O Nadal

O Nadal é erguerse o día 22 de decembro ás oito da mañá para vela lotería e pasar varias horas aparvado mentres esperas que che toque o décimo que compraches;
é que abuela volva gaña-la cesta do súper (prometemos que non está amañado);
é celebra-lo aniversario de Bibi (que manda carallo, xusto foi nacer o día 24);
é o discurso do Rei, que nunca lle facemos nin puto caso;
é comer caldeirada de bacallao en Noiteboa e que a casa de abuela apeste a coliflor;
é dicirlle a miña nai que non faga os langostinos á prancha porque non merece a pena cheirar toda a noite;
o Nadal é celebra-lo aniversario de abuela (que eu sempre penso que ten 63 anos e xa vai polos 68);
é fartarse a comer vieiras en fin de ano como se non as houbera o resto do ano e deixarlle unhas pouquiñas para Josi;
é Ramón García ca súa capa e Anne Igartiburu desde a Porta do Sol;
é poñerse nervioso antes das doce badaladas e ter ganas de chorar non sei por que mentres acabo de traga-las uvas;
o Nadal son os especiais dos Morancos, de Cruz y Raya, de Martes y 13 y de la madre que los parió a todos;
é dicirlle a abuela que se como as torrijas de postre estoupo e deixalas para o día seguinte;
é que chamen tódolos familiares de Arxentina e ninguén se queira levantar para colle-lo teléfono (-Corre, colle aí a ver quen é- é a frase favorita do meu avó mentres el está cómodamente sentado);
é intentar chamar á familia de Barcelona e Madrid e que unha voz diga que ‘todas las líneas están ocupadas, inténtelo de nuevo en unos minutos’;
é ‘pon na ghallegha que está Jayoso’;
é que tía Consuelo e tío Paco veñan xoga-la partidiña en fin de ano;
é emborracharse para darlle a benvida ó ano novo;
é enfadarme con Patri porque quere marchar cedo para casa para abri-los agasallos;
é que Marta entre cos nenos na casa berrando o día de Reis ás nove da mañá e eu os mande a cagar (¡veña, Ramón, que xa viñaron os Reis!);
é ver como os pequenos da familia abren os agasallos mentres ti esperas atopar un que teña o teu nome;
é entristecerse cinco minutos despois porque ves que ninguén se acordou de ti;
é ir a casa de tía Rosa e ver que alí os Reis volveron traer un pixama (xa teño cinco);
é ir a casa de Lourdes e comprobar que alí os Reis, coma sempre, me trouxeron unha bufanda (xa van tres);
o Nadal son esas bandexas horribles en Serantes cheas de mazapán, turrón, polvoróns, pasas, noces, clementinas (que non mandarinas) e ananás;
son as abelás que sempre se tiran porque ninguén sabe como abrilas e comelas;
é frío e choiva fóra e calor, moito calor dentro;
é festa, risas e resaca.

Pero este ano non vou ter ningunha desas cousas.
Bo Nadal.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

... BUENO... pero al menos sabes que serás el protagonista, que TODOS se acordarán de ti, tus familiares y también tus amigos.. si estuvieses cn ellos, serías uno más y seguro q esta noche eres el más importante y todos pensarán en ti...asiq animate..vale feo? 1bsito

Anónimo dijo...

jo ra, ya sabes que peor vamos a estar aqui con más de lo mismo de nuevo, en pontesexo con pestazo a sudor de hombre y en laxe soportanto estoicamente los repasos de la madre de fernadito y cia., pero en cambio tú, hagas lo que hagas será nuevo!!!!!cambia el punto de vista!!
te extrañamos no sabes cuánto!

Menchu dijo...

...jaja...tranqui, la navidad solo la echas de menos cuando no estás en tu casa. Yo este año, ni me he enterado, y ya se está acabando.

He flipado con lo que ha pasado ultimamente en tu blog. La gente está PARANOICA y MUY DESFAENADA. En fin, no entiendo nada.

Saludos Ramao.