Teño que contarvos isto.
Hoxe tiven que traballar pola mañá no hotel e tocoume a min, por segunda vez, cociña-lo almorzo: ovos, bacon, salchichas, tomates, cogomelos e fabas (unha comida moi apetecible ás 7 da mañá).
Como digo, é a segunda vez, polo tanto aínda non teño un gran dominio da cociña matinal, pero o que me dixo unha clienta foi moi cruel (e iso encántame).
Xa lle faltaba pouco ó almorzo para acabar, pero decidín levar un pouco máis de fabas, non vaia ser que ós inglesitos lles dea por queixarse (un dos deportes nacionais británicos).
Acabei de emborca-las fabas, cando escoito:
-Excuse me!
Xireime e vin que era unha muller, alta, duns corenta e tantos anos.
-Yes!
-Who is cooking today?
-Sorry? (Parecíame raro que me preguntara iso e pensei que lle entendera mal).
-Who is cooking today?, insistiu a muller.
Antes de contestarlle, nese medio segundo, imaxinei o que me ía dicir. Se cadra que non había comida abondo, pero era imposible porque todo estaba cheo. Se cadra íame felicitar pola comida. Si, seguro que era iso, pensei todo cheo de razón.
-Me!, contestei rápido esperando felicitacións.
-Bacon is awful!, díxome. E mentres dicía awful puxo unha verdadeira cara de asco.
-Sorry? (Non podía crer o que estaba oíndo. Debín de entenderlle mal, pensei).
Pero non. Ela encargouse de repetirmo na cara, máis a modiño e elevando o ton da súa voz para que todos se enteraran:
-Bacon is awful!!
Si. Agora si que o entendín perfectamente. Puiden ver nos seus beizos como pronunciaba cada letra da palabra awful. Quedoume ben clariño.
E mentres a miña boca lle intentaba explicar que non, que non tiña razón, a miña mente, que é moi faltona (xa o sabedes) dicía: Awful si que es ti.
E realmente a muller era horrorosa, porque era como Gérard Depardieu con perruca.
Awful ou non, ela o bacon comeuno igual. Cando hai fame, hai fame.
Intentarei que a próxima vez só sexa bad.
2 comentarios:
m lo imagino y me parto.. d todas formas q positivo eres no al pensar q iba a ser una felicitacion.. anda q... ya hablaras ingles x los codos...
Lo mejor de todo es que por muy horrible que esté, la muy gorda se lo come.
¡Señora, cómo puede decir que el bacon está awful y luego comérselo! ¡Muy poca credibilidad!
Publicar un comentario