
Ca frase latina do título, que para os non iniciados en filosofenía e/ou en latín foi dita polo francés René Descartes no século XVII e significa Penso, logo existo (que fino me quedou), quérovos contar unha anécdota sobre unha dúbida que tiña desde a primeira vez que a escoitei.
Penso, logo existo.
Pensade vós na frase.
Penso, logo existo.
A miña dúbida, ca que perdín tanto tempo discutindo con Naty na Window e no paseo marítimo, era (e aínda non o teño de todo claro):
¿O ‘logo’ significa ‘polo tanto’ ou ‘despois’?
É dicir: ¿Penso, polo tanto existo ou Penso, despois existo?
Para min calquera das dúas ten lóxica e agora xa sei cal é o verdadeiro significado. Pero ningún profesor de filosofía mo explicou e tiven que quedar mal (unha vez máis) diante de Naty cando lle dixen todo cheo de razón que era Penso, despois existo.
Claro, primeiro pensas e despois existes. Os bebés primeiro pensan que queren nacer e logo nacen. Foi así toda a vida.
O meu nunca foi nin o latín nin a filosofía.
2 comentarios:
jajajjaa ayer estube pensando en esa anécdota porque en la DOMUS tenemos un panel "asín" de grande en el que pone :PIENSO LUEGO EXISTO!!!
qué bueno, y mira que se rieron mis compañeros con la historia!
lo tuyo es como lo de antía que creía que era: " más vale malo conocido que malo por conocer" jejeje, y creo que aún piensa que es así, porque según ella no tiene sentido como es en realidad es decir: " más vale malo conocido que bueno por conocer" ciao amore
Publicar un comentario