Durante os dous últimos meses unha transexual estivo vivindo no hotel no que traballo.
Xa non. Tivo que marchar.
Xa era a nosa amiga despois de tanto tempo vivindo alí. A min chamábame darling. Un darling que soaba especial, alargando as vocais, como lle gusta ás transexuais, e con esa voz tan masculina pero á que se lle notaba que as hormonas que toma xa lle ían facendo efecto.
E ata e me daba consellos: Daaarling, you have to reeest. You work too muuuch!
Os do hotel chamábamola lady-boy. Uns con cariño (o sector italo-grego-eslovaco-galego) e outros con desprecio (o sector somalí-paquistaní, países con mentes abertas e progresistas onde as haxa).
A lady-boy caracterizábase por ser moi rechamante, sobre todo polas súas curtísimas saias, as súas perrucas mal postas, polos seus movementos esaxeradamente femininos, polas súas grandes tetas que case mostraba debido ós escotes que usaba, e polo porca que era. Nunca vin a unha muller máis porca neste mundo.
Botarei de menos vela chegar cada mañá feita un trapo despois dunha noite de luxuria, percorrendo o corredor do restaurante dando longos pasos con ese meneo de cadeiras tan a lo La Veneno. E botarei de menos vela chegar ó bar cada noite cun home diferente e facer sempre a mesma xogada para conseguir que o ligue lle compre unha botella de viño. Botarei de menos os seus cumpridos:
-Daaarling, you aaare very professional, díxome unha vez mentres lles abría unha botella de viño.
-Are you Swedish? You look Swedish! (mira que o intento, pero non se me quita o acento escandinavo).
Botarei de menos todo iso porque a lady-boy tivo que deixa-lo hotel despois dunha dramática noite.
¡Sobredose de marihuana!
Iso é o que se rumorea no hotel. Non sei se será verdade, pero ela a última noite tivo que pasala nun hospital. Ás nove da noite do día seguinte (nove horas despois do tempo límite para abandonalo cuarto) ela e toda a súa feminidade volveron ó hotel.
O xefe e os recepcionistas dixéronlle que, sentíndoo moito, tiña que deixa-lo seu cuarto porque xa se lle acabara a reserva.
Ela despois de desculparse e lamentarse tentou convencelos para quedar, polo menos, esa noite. Pero o hotel estaba fully book (completo, Rosa) así que eles explicáronlle que era imposible durmir alí esa noite. Ela volveu insistir, pero nada.
Entón, toda resignada, puxo as mans sobre as súas grandes tetas e, ó mesmo tempo que se movía tipo Shakira, soltou un forte suspiro e dixo:
-Bueno, a ver se esta noite estas dúas me axudan a conseguir un sitio onde durmir.
E marchou sorrindo co seu garbo a outra parte.
Imaxinade a cara que se lle quedou ós recepcionistas.
Volve, lady-boy. Botamos de menos as túas anécdotas.
4 comentarios:
bueno, lo que te faltaba!y después va y s eme pone exquisito y no quiere ir de rachí al "puticlú" (local de ambiente en coruña) si ejque!!
reimon, ya estamos planeando cómo celebrar mi happy birthday, no puedes faltar, y lo prometido es deuda, yo al día siguiente veo eurovisión contigo; arriba el chiki chiki (cómo puedo votar, cari?)
Ola guapo! que tal? hoxe é o teu happy birthday!!! 24 anazos...que barbaridad!! que maior xa...
como pasan os anos, e pensar que parece onte cando te utilizabamos de puente para poder pasar de unha cama a outra... e aora! buf! dentro de nada chegaras decindo que te casas e que vas ter un neno! aiii!! como pasa o tempo!
FELICIDADES RAMONCIÑO!!!
Por certo, a lady-boy volveu!
O outro día quería entrar no almorzo antes da horae tívenlle que dicir que esperara cinco minutos.
Sorprendeume o seu novo look. Agora é (mellor dito, nese momento era) castaña e con ollos azuis.
Bueno, bueno, bueno...
Hoxe a lady-boy veu ao almorzo.
Resulta que onte pola noite o mozo (non sei a cal deles se referira) deixouna.
Claro, como non ten a quen contarlle a historia, contoulla a unha companeira. Case chorando dixolle que o mozo cortou con ela e que esta moi mal. Despois do apoio que a mina companeira lle deu, ela e toda a sua femeneidade marcharon chorando a algunha parte de Londres.
Pobre lady-boy ( que, por certo, chamase Cindy William).
Publicar un comentario