16 de noviembre de 2008

Bola de pelo

Uns dos meus compañeiros de traballo (Assistant Manager, como ce moi) estivo a punto de morrer, parece ser.
Un día comezou a sentirse mal e tivo que ir ó hospital. En menos dunha semana foi operado tres ou catro veces debido a unha suposta bola de pelo, segundo el mesmo nos explicou, que lle entrara nos pulmóns. Todo debido ó tabaco.

¿Pero como carallo lle entrou unha bola de pelo nos pulmóns?
Ninguén se explicaba como fixo Fabrice para meter aquelo alí dentro.

Un día fun de visita a La Tasca Regent Street, onde fixen o meu training de manager. Estiven falando ca miña ex xefa, Lidia, e outra compañeira sobre o tema. Estabamos preocupados e alucinando porque nos parecía imposible que iso lle pasara.
¡¿Como lle entrou unha bola de pelo nos pulmóns?!

A resposta de Lidia foi clara:
-A mí no me extraña, porque Fabrice anda con cada sudamericana por ahí... E quedouse tan ancha despois de dicir iso. Eu quedei ca boca aberta pola burrada que acababa de dicir e todos comezamos a rir. No sabía eu que as sudamericanas tiveran esa fama.

Uns días despois todo quedou aclarado.
O que Fabrice tiña no pulmón era unha bola de aire, non de pelo. Pero o seu acento francés non lle permite diferenciar cando pronuncia hair e air.

Cando a miña xefa, Claire, de Newcastle de toda la vida, se enterou, díxome:
-Ramón, do you understand the difference between hair and air? Fabrice doesn’t.

Eu prefería que a bola fose de pelo. Así polo menos ríamonos cas historias que imaxinabamos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

vy a darle vida a esta historia xq no tiens comentarios!! che fredo fa!!! io ho stado a Amsterdam! ho mangiato funghi! ya t contaré!
Q tal la life x londra??
odio cnd tngo q elegir postales xa ti, xq sé q no t van a gustar! xo weno.. una hace lo q puede
ale

Anónimo dijo...

hola ramon
tesnos abandonados.
xa gardamos o millo no cabazo e no xardin de serantes ouvo cambios ...grandes cambios.esperamoste espabila e ven.
alexia ,abandona otras prtes de europa ,ven a costa da morte,despues de esto el resto,cuenta poco.tu ya lo sabes ¿no?.