Algunha vez parástesvos a pensar canto sabedes de xeografía de Italia? Seguro que non, pero asegúrovos que, sen querelo, sabedes moita. Grazas, sobre todo, á comida (toda unha relixión en Italia), coñecemos cidades, rexións e o seus topónimos. Aí van algúns exemplos:
Lombarda: aparte de ser unha habitante da rexión de Lombardía, nós coñecémola máis por ser un tipo de leituga.
Milanesa: non só é unha habitante da cidade de Milán, tamén é un bisté empanado e fritido.
Siciliana: así chámanse as mulleres da illa de Sicilia, pero tamén é un tipo de mortadela.
Boloñesa: é o topónimo das que habitan na cidade de Boloña, pero tamén o tipo de salsa máis coñecido para a pasta.
Napolitana: con esta palabra podémonos referir á habitante da cidade de Nápoles, ou ó pastel recheo de chocolate.
Romana: palabra ca que nos podemos referirá á muller que vive na capital de Italia, Roma, ou a un tipo de pizza.
Tarantino: dise do habitante da cidade de Táranto, pero tamén é o apelido dun famoso actor (e director?) de Hollywood.
Parmesano: habitante da cidade de Parma, ou tamén un tipo de queixo con moito prestixio en Italia.
Caprese: palabra empregada para referirse ós habitantes da illa de Capri e tamén a un tipo de ensalada.
Con só estes poucos exemplos, recorremos a xeografía italiana de norte a sur. Seguro que hai máis. Ocórresevos algún?
2 comentarios:
Questo non vale solo in italia...ad esempio "BULGAROS": persone nate in Bulgaria, oppure merendine buonissime commercializzate nella catena di supermercati ALIPROX, che io ho grazie a Marta, Julita e Ramon e che mi accompagnano in ogni colazione la mattina! :)
Baci Ramon!!!
torino,marca de coche,unha peli gran torino.
torino,donde sacou fotos ramon.
Publicar un comentario