A cousa que máis me sorprendeu de Irlanda foi, sen dúbida, a cantidade de gapos que había pola rúa.
En España estamos acostumados a ver a maleducados cuspir na rúa como se nada e non é moi agradable ter que pisalos ou mesmo sentarte neles porque a veces tamén cuspen en xardíns ou bancos.
Pero o de Irlanda era unha cousa sen xeito.
Parecíame imposible que nun país rico e moderno, e sobre todo nuha capital, a xente fose tan porca. Non quería crer que todas aquelas manchas que había no chan era gapos, pero si. Eran.
Tiña que ir esquivando os gapos se non os quería pisar.
Habíaos de tódolos tipos: con flema, sen flema, só baba...
Fixen un pequeno estudio sobre os cuspidos e cheguei a conclusión de que é unha costume nacional. Como a cervexa, o rugby ou a música celta.
En moitos casos, máis que cuspir, o que facían era deixar cae-la baba, coma se quixeran evacuar porque lles molestara na boca.
Comecei a fixarme na xente e vía como os homes, de tódalas clases e tipos, cuspían como se nada. Dáballes igual onde estivesen.
E supoño que eran só os homes porque nunha muller non queda fino. A verdade é que cheguei a dubidar. Tendo en conta que en Dublín viven 1.000.000 de persoas e a metade son homes, a min non me daban as contas. Algunha muller tiña que cuspir para que houbera semellante cantidade de gapos nas rúas.
E por fin chegou o grande momento. Por fin vin a un home (despois vin a varios máis) fabricar esa sustancia dende o fondo da gorxa con un son que lembraba a un león, prepararse para botalo fóra e cuspilo cun pequeno impulso cara diante. Todo en apenas un ou dous segundos. Despois o home continuou tan tranquilo e eu fun rápidamente (non sei por que) ver a súa obra de arte.
Era feliz. Por fin vira algo típico de Irlanda.
3 comentarios:
Wenas Ramontxu!! Ya veo que has retomado las actualizaciones del blog, con lo que yo puedo retomar mis clases de galego.
Ya estoy de vuelta de París, así que, nos veremos por clase la semana próxima.
Bikiños
Ramao, este blog está empezando a ser toda una guarrada... Mocos, cacas de hámster, gapos...
¿qué va a ser lo próximo?
Pobres irlandeses, menuda imagen has dejado de por aquí...
RA,marchaches sin despedirte,como andas che?,visito o blog a miudo,sasludos a bea e laura,espero que que non lle descontrolaran¿mos nada no piso.
onte dia 2 fui o cumple de raulito,o pintor.bicos
Publicar un comentario