21 de febrero de 2007

Lost in Dublin

Unha viaxe nunca pode ser perfecta.
Parecía que todo ía acabar ben en Irlanda despois de catro días nos que visitei, con Antía, Dublín e Galway.
Pero Murphy e a súa lei apareceron por alí: se algo ten a posibilidade de saír mal, sairá mal.

Despois dun fin de semana con bo tempo, o luns non parou de chover. Tería que pasar toda a mañá só e mollándome. Antía chamoume para cambia-los plans. En vez de vir ela ó centro, ía eu ata a súa casa. De maneira entrecortada e rápida deume algúns datos para chegar alí. Non lle entendín moi ben, pero pensaba chamala máis tarde.
A mediodía, cando collín o autobús para ir á súa casa, comezaron os problemas.
Non sabía onde tiña que parar, pero unha señora axudoume con un inglés bastante entendible.
Baixei na parada onde a simpática irlandesa me dixera e, non sei por que, nese momento sentín que todo ía saír mal.
Intentei recorda-las palabras de Antía para chegar á súa casa, pero non me lembraba. Podería chamala, pero estaba sen batería no móbil e tampouco sabía o seu número para chamala dende unha cabina. Non paraba de chover e eu andaba na súa búsqueda con unha maleta e varias bolsas. Non tiña forma de comunicarme con ela. Pensei en preguntar a alguén: ¿Coñece a unha española que traballa na casa dunha ecuatoriana e un irlandés? Pero iso non ía dar resultado, así que desistín.
Estaba desesperado, empapado e perdido. Despois de cagarme en Irlanda, Saint Patrick, os tréboles y la madre que los parió a todos, decidín colle-lo primeiro autobús de volta ó centro e alí outro ata o aeroporto. Claváronme 6 eurazos, pero polo menos estaría a salvo.

Cheguei ó aeroporto e o primeiro que fixen foi chamar a casa para que contactasen con Antía e lle contasen todo. Despois eu tamén intentei falar con ela. Por fin tiña o seu teléfono. Pero foi imposible. Despois de que a cabina me tragara varios euros, farteime e deixeino. Antía, polo menos, estaba avisada.
Todo solucionado aínda que sen poder despedirme dela.

Pero aínda non acabou aí o conto.
Vou facturar e a azafata dime que o avión vaise retrasar unha hora e media.
¿Qué podía facer? Respirar profundo, rir e esperar.
Por fin, á 1.30 da mañá cheguei ó meu querido pisiño de Madrid. Nunca tiven tantas ganas de chegar.

O peor de todo isto é que, por culpa da chuvia, despeiteeime.

4 comentarios:

zoanita dijo...

eheheh, não acredito! é a maravilha dos telemóveis, há uns anos, ela teria-te dado a morada, feito um mapa de como chegares a casa dela, ou algo do estilo, agora acaba a bateria, acaba tudo! ;)

Menchu dijo...

¿se te ocurre mejor souvenir irlandés que un buen constipado?

Anónimo dijo...

Si traballaras mais en vez de pasear tanto... mancoleteiro! prejiseiro!

alicia dijo...

muuuuchas gracias por la postal!que ilusion!es um querido... :)