24 de mayo de 2007

Macarróns



Cando somos pequenos, por natureza somos tontos.
Seguro que todos vós podedes contar miles de historias de estupideces que facíades cando érades pequenos.
Cando aínda estaba no colexio de Laxe, creo que con 13 anos, tíñamos que xantar no comedor. As mesas eran de oito persoas e os da pandilla estábamos colocados os nenos nunha mesa e as nenas noutra. Pero, algunhas veces, ía comer con elas e lémbrome que facíamos campionatos de macarróns.
O concurso consistía en ver quén tragaba máis macarróns dunha soa vez e sen masticar. Creo que Raquel estaba nesa mesa e era ela a miña rival máis dura. Cada día que había macarróns para comer, nós competíamos.
Primeiro un comezaba, por exemplo, con 7 macarróns. Se conseguía tragalos o outro tiña que engadir, polo menos, un máis. E así ata que un dos competidores se rendese. Non sei quén ten o récord nin cal foi a cantidade máxima, pero sei que chegamos a tragar ata 14 macarróns xuntos sen masticar. Algo que agora non podería facer.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Fai,anos moitos anos,aproximadamente cando Ramon tiña trece,no colexio de laxe ,na cociña,nunca daban calculado as racions de macarrons, si hoxe poñias dez kilos pa semana ,non chegaban ,o numero de comensales era o mesmo ou menos,pero nada.
A situacion faciase insostenible,chegouse a facer unha investigacion desde a conselleria.
AGORA ...a volta de tantos anos descubrese o culpable ou culpables de semellante misterio.

Menchu dijo...

¿sabes cual es la chucheria esa que se llama "carretera", que es larga, roja, con azúcar?

yo tuve el placer de conocer al plusmarquista mundial de número de carreteras metidas en la boca de un ser humano simultáneamente.

un compañero mío del colegio, Juan Marcos, más conocido como Jamaco, fue capaz de meterse la escalofriante cifra de 10 carreteras en la boca al mismo tiempo. ahí es nada.

lo tuyo tampoco está mal, por supuesto.

Toñy dijo...

Pero qué raritos sois los gallegos... bueno, no voy a generalizar, diré mejor; qué rarito eres Mon!!! Mira que competir con macarrones...

Besetes

Anónimo dijo...

meu ramonciño querido da ialma...el récord lo tengo yo, que precisamente llegamos a la final julita y yo, y finalmente gané por uno!aunque no recuerdo el número exacto, pero de todas formas lo de los concursos de "macarrones sin tragar" no era lo peor que hacíamos en el comedor...acuérdate.jajaja, te imaginas a argentina o a la madre de alba en plan "carainas, que ricos deberon de quedar hoxe os macarróns que mira como comen neles"

Anónimo dijo...

non mintas, non érades tan pequenos...