Ía eu unha vez no autobús dende Santiago a Carballo -se non lembro mal- e diante miña ían unha neniña duns sete anos e a súa avoa.
A nena non paraba de preguntarlle á nana se xogaban a algo. Xogaron a todo canto podía xogar nun autobús, ata que se lles ocorreu xogar ó veo, veo.
Despois de varias partidas nas que eu mentalmente tamén participaba, tocoulle o turno á avoa:
-Veo, veo.
-¿Qué ves?
-Una cosita
-¿Y qué cosita es?
-Empieza por la D...
Supoñíase que eran cousas que tiñan que estar vendo.
A nena comezou a dicir palabras:
-Dedo, dunas, diente, distancia...
Dicía todo o que vía ou o que se lle viña á imaxinación.
De repente a rapaciña di:
-¡Dilatado!
A avoa quedou abraiada e eu comecei a rir sen parar.
¿Onde aprendera a nena esa palabra?
Eu á súa idade non sabía o que era dilatarse.
Pero sobre todo, ¿onde vira a nena algo dilatado naquel autobús?
¿Mirou debaixo da saia da avoa ou qué?
Non o entendín e fun o resto da viaxe ríndome só.
Os nenos de hoxe en día saben cousas que nós non sabemos que saben.
2 comentarios:
jaja... si tu flipaste, imagínate la abuela de la niña... de todas las palabras del diccionario con D, debia de ser seguramente la menos esperada de todas.
pero.. como hablas asi de su pobre abuela? porqué has pensado que la q tenía algo dilatado era ella...?
Publicar un comentario