7 de octubre de 2007

17 horas

Con este título podo falar de calquera cousa.
Da hora de comezo dun partido de Liga, da hora do té en Inglaterra ou do inicio dunha película na sesión infantil.

Pero non. Quérovos falar dun récord. Unha nova marca mundial que conseguiu a miña irmá Julita hai xa uns anos.
Trátase do número de horas seguidas que durmiu dun tirón: 17.
(Si, si. Non pulsei sen querer unha tecla).

A Bela Dormente deitouse ás 22.00 horas dun día calquera, no que non tivera un esgotamento fóra do normal, e espertouse ás 15.00 horas do día seguinte.

Cando a vin abrir a porta do seu cuarto non o podía crer. Por uns intres pensara que morrera, pero non, só durmía plácidamente.

E como eu, cando durmo horas demais, non consigo concilia-lo soño outra vez ata as tantas da mañá, pensaba que ela tampouco podería.
Pero non.
Julita ás 23 horas volveu para a cama e durmiu tranquilamente ata o outro día ás 8 e pico da mañá.

E porque tiña que ir traballar, que se non...

2 comentarios:

Ramón dijo...

Onte cheguei de Cuba e quedei durmido ás 12 e pico da noite ata case as das tarde de hoxe. Foron, por tanto, case 15 horas. A piques de igualar a Julita!

Anónimo dijo...

hola amorrrrrrr