Non sei que nos pasa á tecnoloxía e a min que non nos levamos ben.
A min encántame fedellar en canto aparato hai e eu son o que arranxa vídeos, televisións e demais trastes na casa, pero hai algúns que se me poñen chulos e sempre acaban gañando eles.
Non sei por que os móbiles que teño sempre me morren, o ordenador pilloume un virus non sei onde e o portátil xa está agonizando.
Pero o caso máis estraño é cos mp3 (ou empifour). En pouco máis de un ano, tres mp3 tirados ó lixo:
O primeiro… eu bótolle a culpa a que era barato. E o barato sempre sae caro. Comezou fallando por aquí, logo por alá… ata que non tiña xeito ningún. Duroume seis meses escasos.
O segundo regaláronmo polo meu aniversario en Madrid. Alexia díxome que era caro, por tanto bo, por tanto duradeiro, supuxen eu. Pero o pobre non pasou do verán (de maio a setembro de 2007). Eu bótolle a culpa ás areas e a auga. Porque só a min se me ocorre ir correr pola beira do mar cun mp3, en plan Baywatch todo flipado. Pero bueno, xa sabedes que Ramonciño non dá máis de si. Ó final do verán escachei o mp3 en varios anacos mentres intentaba ‘arranxa-lo’ problema.
O terceiro foi un agasallo de Deustche Bank por poñer alí parte dos meus aforros. Eu esperábame un súper empifour e aquelo só durou un mes escaso. A este si que non lle atopo explicación, a non ser que sexa porque non se adaptou ó clima londiniense.
E, claro, despois de tres intentos teño un dilema:
non sei se mercar outro mp3 ou non. Se aínda seguen existindo, claro. Porque eu nunca souben a diferencia entre mp3, mp4, iPod e todos eses nomes.
E se o compro:
¿Cómproo moi bo (por tanto, moi caro) para ver se á cuarta vai a vencida?
¿Ou cómproo moi malo (por tanto, barato) porque sei que non me vai durar nada?
¿Ou aforro os cartiños e cántome a min mesmo as cancións? Seguro que esta opción é que escolle a miña nai.
¿Non haberá un refrán que diga Desafortunado ca tecnoloxía, afortunado en algo?
Así polo menos consólome.
2 comentarios:
Desafortunado en la tecnología... muy desafortunado en el mundo actual.
El mío se volvió inútil al sentarme yo ligeramente encima. Pantalla rota, mp3 que no vale para nada.
pero q callado te tenías q jodiste el mp3 del cumpleaños!! d lo q se entera una leyendo el blog... anda q llevarlo a la playa.. Qpoco t duró no? pues d verdad q era caro, xq a ti cualqiera te regala una mierdecilla.. si tu venías para rico. En fin, cnd llegue a londres t presto el mio si quieres, xo t advierto q no hay canciones d eurovision :P
Publicar un comentario