Estou farto.
Odio as pombas deste país.
(Espero que ninguén se sinta ofendido polo que vou escribir sobre as pombas e que ningún grupo defensor se me bote enriba a partir de agora. Aviso. Porque vendo a sensibilidade de algunhas persoas, parece que non se pode dicir nada neste -nese- país).
As pombas en Londres non teñen respeto nin educación ningunha.
Vas pola rúa e elas non se apartan. Non se asustan. Están tan acostumadas ás persoas que nin se inmutan cando pasan.
E falando de inmutarse, as pombas de aquí non fan ese son tan peculiar (non sei como se chama). Eu creo que son de outra especie.
Pero o máis fuerte de todo é que non teñen respeto nin voando.
Voan tan, tan baixo que te tes que apartar se non queres chocar contra elas. ¡Teste que apartar ti! ¿Onde se viu iso? Van planeando pola cidade coma se nada. Eu xa varias veces estiven a punto de comerme unhas cantas. Pero a punto, a punto.
Eu agora xa as trato coma cans e cando as vexo bérrolles algo mentres dou patadas ó aire. Pero nada, elas só se moven un pouco. E, claro, como van en bandadas, ata que unha non comece a voar as outras nin se moven. E alí quedan.
Ás veces, na High Street de Wood Green, onde eu vivo, está cheo de xente e case nin se pode camiñar. ¿E onde están as pombas? Pois elas están alí no medio, desfrutando da paisaxe mentres a xente as esquiva coma se fosen vacas sagradas na India.
Deben levar tantos anos así que calquera se atreve agora a botalas dalí. Elas teñen o dominio, teñen a súa parcela e non as move nin dios.
Cando lles dou patadas, debe ser todo un espectáculo verme e a xente debe pensar que estou tolo, pero dá igual, aquí non me coñece ninguén.
Pero o que máis me cabrea é que aínda por riba haxa xente que lles dea de comer a esas asquerosas ratas voadoras.
¡Manda carallo!
3 comentarios:
reimon!tes razón, desde el punto de vista biológico se las considera ratas con alas!!!
y eso que no lidiaste con la paloma bravía (es la subespecie salvaje; esta ataca de verdad), pero no te pongas muy melindres a ver si se empiezan a comportar como gaviotas!!!
INCISO: nochevieja sin ti es una vulgar noche sin más...
Ramon!!FELIZ AÑO!!
Bueno me he vuelto asidua a tu blog, me haces reir con tus comentarios
No sabía que estabas en Londres!!
suerte la tuya...
1musu
Kris uni
ai conconrdo completamente. odeio as pombas inglesas. uma pessoa não pode fazer um pequenique e lá estão elas a andarem à nossa volta, e a mexerem a cabeça como se estivessem a dançar rap. odeio-as
Publicar un comentario