¿Coñecedes a alguén máis olvidadizo e despistado ca min?
Seguro que non.
Esta é unha das miles de anécdotas que podería contar con relación a isto.
Un dos tipos de cervexa que vendíamos no bar do hotel no que traballaba era a irlandesa Guinness.
A xente a miúdo pedía unha pinta de Guinness e listo.
Pero de cando en vez a xente dicía:
-Can I’ve a pint of Guinness extra cold, please? E eu con toda a seguridade do mundo dicíalles:
-Yes, sure!
Pero eu sabía de onde viña a cervexa e sabía que os barrís non estaban todo o extra cold (frío) que deberían, así que só me quedaba rezar e soprarlle disimuladamente ó chorro de cervexa que caía para ver se así se arrefríaba un pouquiño máis mentres enchía a pinta de Guinness. Imaxinade a miña cara de parvo soprándolle á cervexa. ¡Como se así conseguise algo!
Eu só quería que a xente non se queixara. Que a cervexa estivese o suficientemente fría para que non viñeran falar comigo, porque despois teríamos dous problemas: unha cervexa quente e un camareiro que non entende o que din os clientes. Eu creo que mesmo suaba mentres estaba a servi-la pinta ó mesmo tempo que pedía a tódolos deuses do mundo que por favor, por favor, por favor, a cervexa estivese extra cold.
O que máis me estrañaba de todo era que só os clientes que pedían Guinness a querían extra cold. Nin os da Carlsberg nin os da Tetley’s parecía importarlles moito a temperatura da cervexa. Non sei, debía ser que os que beben Guinness sonche máis exquisitos.
Por fin, ó cuarto mes de estar alí traballando, dinme conta mentres limpaba de que pola parte de diante do bar estaba escrito Guinness extra cold. Ese era nome completo da cervexa e así o pedían algúns clientes, aínda que non lles importaba moito se estaba fría, do tempo, morniña ou fervendo.
Máis vale tarde que nunca, ¿non?
1 comentario:
ese es mi ramón!!!!
pero tu problema no es que seas olvidadizo, es que directamente no tienes memoria!!! no retienes la información, con lo cual te lo veo jodidillo dando noticias en directo frente a una cámara: "esto...ejem...el euribor ha subido...ejem...no, ha bajado...no, perdón, la crisis del PP, porque españa ganó "el mundial del 2005", ajá, ujú, ejem..."
ay, qué vejez que vas a dar!!!
ramón esta noche es mi graduación, derrochando glamour en el hotel finisterre, qué show!!!
coidate!!!
Publicar un comentario