6 de julio de 2008

Pop dissasters

Estaba eu un día traballando no hotel, ca canle de música posta, cando de repente escoitei unha canción que se me facía moi coñecida. Dinme conta de que era unha das de Eurovisión (a de Reino Unido do 2006, unha das miñas favoritas dese ano), así que fun correndo vela.
Cando cheguei vin que na parte superior dereita da pantalla indicaba que a canción estaba no número 16 na lista de pop dissasters. E para colmo había un subtítulo no que se lía Euro-shame (eurovergonza). Xa podedes imaxina-la miña indignación.
Aínda así, pareceume curiosa esa lista, así que decidín botarlle unha orella para ve-lo que os británicos consideran malas cancións.

No posto 15 estaba o Aserejé; unha canción que, aínda que Las Ketchup se merezan todo o meu respecto porque foron a Eurovisión, debería estar como mínimo no top 3 da lista porque é mala ata dicir basta. A este éxito de verbenas de aldea subtitulábano así: amazingly bad pop bands, que se podería traducir como grupos pop malos de carallo (traducción libre by Ramón).
No número 7 estaba unha canción preciosa e que para nada se merece estar nesta lista: Let’s go to Ibiza. ¡Como se nota que quen fixo esta lista non pasou a súa infancia-adolescencia escoitando isto!
No posto 6 estaba Saturday night. Outra inxustiza desta clasificación. A todos nos encantaba cantala e bailala. Non mintades. Seguro que aínda vos lembrades da coreografía tantos anos despois.
Pero a miña indignación chegou ó seu límite cando vin quen ocupaba o número un:
Barbie girl. Para nada é a peor canción pop. A min encántame porque é pegadiza (e fresca), porque é divertida, porque é crítica, porque me lembra ó verán, e sobre todo porque un grupo de nenos de 14 anos pasamos en xuño de 1998 17 horas de ida e 17 horas de volta metidos nun autobús escoitándoa mentres íamos de excursión de fin de curso a Salou. ¡Que recordos!

I’m a Barbie girl in a Barbie world
life in plastic is fantastic
...


Pop wonders sería o título que eu lle poñería a esa lista.

3 comentarios:

Menchu dijo...

Hmm, curiosos usuarios estos dos ultimos.

Ya puedes ir rulando el link a la clasificacion esa porque yo tampoco estoy nada de acuerdo.

Saturday Night y Barbie Girl=Pop disasters!?? Por Favor!!!

Solo me faltaria ver ahi dentro alguna cancion de Madonna.

Anónimo dijo...

Jajaja!! Yo también formaba parte de ese grupo de adolescentes que desprendían millones de hormonas por cada poro de la piel!
Qué recuerdos y qué viaje!

AQUA FOREVER!!! ;-)

ANTÍA

Ramón dijo...

Uuuuii!!!
Vou eliminar eses dous comentarios estranhos porque non sei por que me da que son virus!!
Tenhen uns nomes moi raros: lotto philippine result e game gambling online lottery!!???
Ademais opinan en ingles e conseguiron entende-lo texto en galego?? jejeje