29 de marzo de 2009

Portsmouth & Southampton (Hampshire, March 09)

Non é unha palabra galega, pero é a que mellor me define agora mesmo. Son incriblemente gilipollas.

Falo desde a máis profunda resignación un domingo ás oito e pico da mañá (lembrade que a pasada noite cambiamos á hora de verán, así que eu síntome como se fosen as sete e pico).
Odio madrugar, especialmente en domingo, especialmente se é para viaxar, especialmente se estou de vacacións, especialmente se durmín poucas horas os últimos tres días e especialmente se todo me vai saír mal.

Hoxe tiña previsto ir de viaxe ás cidades de Portsmouth e Southampton (de onde saíu o Titanic antes do seu tráxico final), a miña última viaxe neste país antes de marchar para Italia. En realidade, agora mesmo debería estar chegando á estación de autobuses de Victoria.
Levanteime dúas horas antes (ás 7 da mañá, aínda que para min eran como as 6) para que me sobrara o tempo. Todo foi ben ata que cheguei á estación de metro e dinme conta de que non levaba os billetes comigo.

Pouco máis hai que contar xa. Saín correndo; non pasou ningún autobús, así que, a toda présa, fun ata casa. Pero ó chegar á porta rendinme. Eran as 8.15 e non me daba tempo.
Hoxe (que casualidade) están pechadas a Victoria e a Jubilee line. Dese xeito é imposible chegar a Victoria en 40 minutos escasos.

Despois de chamarme de todo ata fartarmte, asumín a perda das 30 libras que custou a viaxe (máis ter que ir ó cíber imprimir os billetes, máis a £1.10 por entrar e saír da estación de Wood Green, máis tódalas molestias). Co que iso doe en época de crise.

Agora, onde debería haber unhas fotos deste cuerpo sepsi, hai este texto.
Que aproveite.

2 comentarios:

alexia dijo...

lo q no t pase a ti... q fuerte! cm se puede ser tan lerdo!! cnd m has scrito pensé q no sabías q cambiaban la hora y q la habías liado, xo lo del los billetes se supera! q fuerteeeeeee.. q tontito! oye, cnd vengas a firenze, recuerda traertelos xq tb cuestan caros!
q no te queda nadaaaaaaaaaa!! ci vediamo prestisimo!
pd-> ieri esperaba tu msj en italiano..
pd2-> q pasó cn tu mv???

Ramón dijo...

Cómo vas a esperar mi mensaje en italiano si so dire niente?

Ah! Y recuérdame que nunca más en la vida te vuelva a hacer caso.
Fui al paki a recoger mi móvil y me dijeron que se lo habías pedido hacer en 10 minutos, así que se arriesgaron y se jodió. Volví esa tarde y me dijeron que al día siguiente. Volví al día siguiente a las 5 y me tuvieron allí más d hora y media. Me dieron el móvil y no funcionaba, así que después de mucho reclamar me dieron un ladrillo al que ellos le llaman móvil. A ver si para mañana (lunes) por la tarde está. Si no, ya sabes cual es mi regalo de cumple.