25 de abril de 2009

Milanés

Faltaba Milán na lista, pero agora xa a podo tachar. Xa estou tranquilo. Pasoume en Santiago, en Fuenlabrada (aínda que non me sinta orgulloso diso), en Aveiro, en Madrid, en Londres e agora en Milán.
Pensaba que aquí non ía acontecer porque en tres meses era difícil que coincidira; porque levo pouco tempo na cidade e porque hai que ter moito 'estilo' para iso. Pero pasoume. Pensaron que eu era de Milán.
(Á dereita, unha foto miña paseando pola cidade :P)

Ía paseando polo centro, ó lado do Duomo, cando unha parella de xoves achégase a min. A rapaza pregúntame:
-Scusa, sai dov’è Piazza Fontana?

Eu puxen cara de que me pillaba nun apuro, e creo ata se me escapou un No, sorry (porque aquí dáseme por falar en inglés). Non tiña nin idea de onde estaba a praza esa (agora seino, e resulta que estaba ó outro lado do Duomo), en realidade dábame igual. O importante era que me alegraron o día.

Uns días despois estaba eu na praza do Duomo mirando a catedral coma un parvo. E un rapaz acércaseme preguntándome polo nome dunha rúa. Eu díxenlle: Scusa, non parlo italiano. O rapaz quedoume mirando como se non me crera e marchou.

Días máis tarde, pretiño de alí, á lado da Scala, outro rapaz preguntoume se sabía onde estaba Via Manzoni. Nesa ocasión puiden axudalo porque eu ía de turista ca miña guía e aprendérame o nome da rúa. Por unha vez sentinme útil.
De tódalas veces que me preguntaron en calquera cidade, esa foi a primeira na que souben responder.

Desde entón, paseo polas rúas de Milán dicíndome: Ma che figo sei! Tutti pensano che sei milanese! (Ma non è vero).

O que me dá rabia é que sempre me preguntan se son da cidade na que vivo e nunca podo axudar á xente. ¿Por que isto nunca me pasa en Laxe?

Se cadra porque alí non hai nada que preguntar.

2 comentarios:

Ramón dijo...

Xa me pasou dúas veces máis. Non hai ninguén máis en Milán para preguntar ou que?
Cando escribín este post facíame ilusión. Agora xa é algo case normal.

Anónimo dijo...

ra, ma´s grave es lo mío que estaba en casa de señora josefa, y vino un tio se seur, o algo de eso, preguntando por no sé qué calle de laxe, voy yo le indico y me dice que no, que esa calle es tal otra...muy mal quedé...
nat