30 de enero de 2007

Ladrón

Unha das facetas que desenvolvín (e moito) en Aveiro foi a de cleptómano.
O meu único antecedente era ter roubado 100 pesetas (60 céntimos, para os estranxeiros, para os que sexades demasiado novos e para aqueles que xa non se lembran da nosa amada moeda) para ir ó tiovivo cando era pequeno.

Pero foi chegar alí e, non sei por que, unha forza interior facía que roubara todo. Daba igual o que fose. Cousas bonitas ou feas, útiles e inútiles, grandes ou pequenas, nas rúas ou en lugares privados. Todo valía.

Entrei en xardíns para roubar unhas flores preciosas que parecían paxaros.
Roubei culleres no Bombordo para os pisos de Silvia e Claire.
Roubei cuncas e pratos para o café (tamén no Bombordo) ca excusa de que quería facerlle un agasallo á miña nai e ata que conseguise seis de cada non pararía.
Roubei un banco infantil no Forum 'sen querer'.
Roubei múltiples elementos decorativos (unha vez máis no Bombordo).
Roubei vasos en varios bares para o noso piso.
Fun cómplice do roubo dunha careta no Jumbo que fixo Joric.
Roubei carteis do 25 de abril para decora-lo piso.
Roubei finos e outras bebidas en varios bares.
Roubei posters no DeCA.
Roubei cinceiros e toallas (tamén no Bombordo).
Roubei partes do empedrado da rúa.

E, por suposto, roubei corazóns ;)

2 comentarios:

Toñy dijo...

No conocía yo esta faceta tuya de ladronzuelo o, un poco más fino, amigo de lo ajeno.

Así que robaste corazones... pobre de aquella aquien se lo hayas robado, se sentirá sola al no sentir el palpitar del motor que sustraiste.

Bikiños Julián Muñoz!!jajajaja

Anónimo dijo...

Sí, sí de pequeno xa apuntabas maneiras, a min roubáchesme a paciencia unhas cantas veces. Ah, preparate cando volvas porque xa lle dixen a Alfonso o das cen pesetas huy, huy ,huy...