Unha das grandes incógnitas deste mundo, sobre todo para os homes, é o que fan as mulleres no baño.
Todos algunha vez estivemos con un grupo de mulleres cando, de repente, unha delas anuncia (porque non o din, anúnciano):
-¡Vou ó baño!
Nese momento o resto de mulleres súmase á proposta como se levaran horas aguantando o pis e ninguén lles deixara levantarse.
¿Que hai no cuarto de baño das mulleres?
¿Teñen un boy que lles ameniza a espera? ¿Regalan algo? ¿Hai un buraquiño na parede co que poden espiar o baño dos homes (se houbese ese buraco seguro que estaría feito no sentido contrario)?
Seguramente todos pasáchedes por esta situación.
O mellor de todo é que, cando ocorre, quedas pasmado vendo como un grupo de cinco ou seis chavalas se levantan e van encantadas mexar ou facer non-sei-que. Quedas mirándoas con envexa e pensando por que ti non eres muller para poder ir e coñecer ese submundo que é o baño femenino.
¿Será ese o terceiro segredo de Fátima?
¿E que me dicides desas filas que se organizan nos baños das mulleres?
Xunto ca regla e o embarazo, ese é uns dos motivos polos que me alegro de ser home.
Se teño que esperar semellante cola para ir mexar xa se me pasan as ganas ou rebento antes.
¡Co fácil que é saca-lo paxariño en calquer lugar e quedar aliviado!
O primeiro que ten que facer unha muller cando chega a un sitio público é poñerse na fila do baño porque así, cando realmente teña ganas de orinar, poderá entrar. Esas colas que se forman en calquer bar, discoteca ou evento en xeral non son normais. É máis fácil entrar dúas veces no Dragon Kahn de Port Aventura en plena temporada alta que ir ó baño das mulleres.
Segundo estudios científicos perdemos un tercio da nosa vida durmindo e moitas horas de desplazamento para ir e volver do traballo (que mo digan a min). Pero, ¿cantas horas da súa vida perden as mulleres esperando para mexar? Se lle pagaran un céntimo por cada minuto serían todas ricas.
Resulta moi gracioso notar as miradas asasinas que as mulleres lle botan ós homes cando, por exemplo, nun pub elas levas minutos esperando mentres no baño do lado non paran de entrar e saír rapaces.
Tamén hai algunhas intelixentes que, en vez de esperar, entran no lavabo masculino. É bastante embarazoso que entre unha muller cando estás mexando, pero elas, con toda a naturalidade do mundo, entran, saúdante e mexan tranquilamente. Cando acaban saen aliviadas, cun sorriso na cara e con moito garbo mentres ti, calado, miras para elas e pensas como farían (co finas que son) para orinar neses inodoros tan sucios. Iso é outro segredo da humanidade. ¿Son as mulleres equilibristas?
Grandes misterios que sempre quedarán sen resolver.
8 comentarios:
o baño das mullers e un rincon de liberacion,de sentirse entendida,dun ritual ,despois de secar as mans,ese retoque coa barra de lavios,e a solidaridade que ali se respira.
RAMON tes que ver a novela da fea e entederas algo,as 5 en tele 5.
como na tua casa.
mi amor, así que para ti es muy" facil sacar o paxariño e maxar en calquerlado" y eso lo dices tú, que no meas en cualquier esquina ni aunque te vaya la salud de los riñones en ello!te acuerdas en el concierto de CARLIÑOS BROWN???o en la carballeira cin roci...jajaja!QUÉ GRANDE ERES!
RAMON ,QUE GRANDE LA TIENES....DIGO
ramon son rosa,non podo conectar contigo,¡ves a alicante,chamame.
ouve,as casas-de-banho são locais de pôr a conversa em dia enquanto se espera tranquilamente pela vez de fazer xixi, e para além disso retoca-se a maquilhagem (não é que seja grande especialista nisso..), comparam-se as cuequinhas (ah, pois, a verdadeira razão pela qual as mulheres compram roupa interior gira é para mostrar às amigas nas filas das casas-de-banho), etc, etc.
quanto ao equilibrismo, sou apologista disso, o meu objectivo em qualquer casa-de-banho publica é tocar apenas nas maçanetas das portas (de preferência dou pontapés nas portas pata não ter que lehs tocar), e na torneira da água.com a prática é bastante simples =)
claro que a minha sala tem um espacinho para ti no enterro ;) beijinhos
se queja Zoanita de la supuesta suciedad de los cuartos de baños de las tias... pues menos mal que no ha entrado todavía en el de los tios de cualquier bar! porque aquello le debe parecer el Paris-Dakar de los lavabos públicos...
Suelo normalmente empañado con liquido negruzco, ausencia de espejo y de jabón para manos...
eso si... unas conversaciones al nivel de académicos de la lengua
eheh, então menchu: espero que todos vocês sejam muito equilibristas. nem te conto as doenças horríveis com aspectos horríveis e sintomas horríveis que podes apanhar nessas casas de banho paris-dakar :S
Publicar un comentario