4 de julio de 2007

Vida de rico


Levo só uns días no piso da Coruña e deime conta de que levo vida de rico.
Vivo nun piso enorme; non sei cánto medirá pero é moi grande para min só.
Teño cama de matrimonio; un dos maiores praceres desta vida.
Teño baño dentro do cuarto; outro dos praceres.
Vivo só; a miña grande ilusión.
Podo durmir ata mediodía porque teño as prácticas pola tarde.
E como ben, ou polo menos mellor que en Madrid porque aquí traio comida da casa.
O máis destacado é o menú que estou tendo esta semana:

Ameixas.
Polbo.
Tenreira asada.
Pescada ou merluza.

Estes son os catro pratos a escoller durante estes días no meu piso de estudiante. Pero non vos estranedes, son sobras da comida da festa da casa dos meus avós.

E é que algúns nacemos para ser e levar vida de ricos. ¡Aih...!

3 comentarios:

Unknown dijo...

Si te imagino todo tirado diciendo: "Esto es vida". Sin nadie que te moleste, con la comidita hecha...
Grandes placeres de la vida.
Deica logo!

Anónimo dijo...

se te olvidó el mayor de todos los placeres de vivir en coruña...vernos!!!!!!!!
con lo que te mimamos!!!!!!

Ramón dijo...

Naty, ti flipas un pouco. Iso é o meu calvario!! Saber que estades na Coruña e ter que cumplir índovos visitar e todo iso...
Por exemplo, as ceas despois do traballo, ódioas! E se aínda por riba me dan fritanga, peor!
O que teño que aguantar...