14 de julio de 2008

O verán

O verán é o bo tempo (ou non tan bo, porque en Galicia nunca se sabe).
Son as tardes de praia sen facer absolutamente nada.
Son os días de chuvia nos que non sabes o que facer.
Son os días de nordés, nos que vas á praia comer areas máis que a toma-lo sol.
¿Quen vén comigo bañarse ó Cabo da Area?
Apóstoche unhas tapas a que che gaño ás palas.
¿Quen ten o verán libre este ano? Prácticas, exames de setembro, traballo. Case ninguén, aínda que alguén sempre se libra.
O verán é a noite de San Xoán (¿este ano ca familia, na Coruña ou en Laxe?).
É o olor omnipresente das sardiñas asadas e da madeira queimada.
É o asalto ó castelo de Vimianzo.
¿Quen leva o coche? (no momento da pregunta tódalas miradas diríxense cara Ramón).
¿Xa chegaron os pijos?
É a festa de Serantes (sempre o mesmo día que o Asalto).
É o morenito sepsi despois de tantas horas de sol.
É o Carme do Briño en Borneiro.
É a festa do 21 (de xullo). Para ir abrindo boca.
É o cheiro a mar, a verde, a calor e a fresquiño ó mesmo tempo.
Son (eran) as discusións con Eli para que non me mandara ir traballar ó súper.
¿Quen se apunta este ano ai r ó Apóstolo?
Son as nésporas ou como carallo se chamen os bichos eses que invaden o paseo marítimo.
É a Carballeira de Zas (e este ano pérdome o XXV aniversario)
Son as churrascadas ó lado da piscina con baño ilegal incluido(non pasa nada, Antía é a filla do señor alcalde).
¿Este ano por fin imos a San Fins? Se cadra o próximo.
Outro día máis que non se pode aparcar porque hai moitos turistas.
Son as noites na Ventana. A ver se variamos...
Son as churrascadas no xardín de Serantes, con toda a familia, con baño previo e posterior na piscina, xogar cos nenos, falar cos grandes, rirse, discutir, cotillear...
Son os paseos con Naty polo paseo marítimo, de ganchete, cunha chaquetiña e ata que a miña vexiga mo permita.
Son os concertos e obras de teatro nas prazas.
É estar farto a principios de agosto de tanta praia, festas e tempo libre.
Son as charlas nocturnas na terraza de Lourdes.
Son as pipas, golosinas, flashes e chuminadas varias sentados nun banco do paseo.
¿Imos tomar algo a Carballo?
É unha semana seguida de choiva. ¿E isto é verán?
É o bico diario a abuela cando vou ó súper.
Son horas tirado no sofá vendo a televisión.
É poder levantarme e deitarme á hora que me dea a gana.
É outra semana de calor extremo. ¡Por favor, que volva a choiva!
Son as discusións na casa.
É disfrutar de Patri.
¿Aínda segue habendo cine na praza?
Son as festas do 15 (de agosto). ¿Choverá algún día? Seguro.
¿Facemos botellón este ano o 14? Va, veña.
¿Invitounos Lourdes a comer na súa terraza o 15?
É a procesión dos barcos.
Son os fogos artificiais do 17 que indican que o verán estase acabando.
¿Facemos outra churrascada?¿Que festexamos hoxe?
Festa de Traba, campionato de surf en Soesto.
É a festa do 30. Agora si que é a última (polo menos en Laxe).
¿Imos á Barquiña de Ponteceso?
¿E á Barca de Muxía?
¿A onde imos este ano de vacacións, Julita?

O verán son máis de dous meses que normalmente pasan coma se fose unha semana. Pero este ano pasarán coma se fosen dous séculos.

Os que podedes, disfrutade de todo iso polos que non.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hijo putaaaaaa!! cm m pones amnesia en el fotolog?
t jodes si no tienes vacacioens, xq ya t he dixo q t falta exarle morro a la vida... el no ya le tenías.. t tendre q pasear x alguna ciudad de inglaterra xa q no pierdas el moreno

Egretta garzetta dijo...

jo, ra, que ya sabes que suspiramos por ti de todo lo que te echamos de menos...
este año no fuimos al asalto, ni al apostol,y encima la carballeira son dos días, y en principio sólo puedo ir a uno, el sábado, que vuelven luar na lubre, como el primer año que fuimos, lembras???al XX aniversario, justo al volver de hacer el camino de santiago, con tu bocadillo de sospechosa pinta y tu caída por unas escaleras, eos sí con un estilaso; pero lo mejor de todas las veces que fuimos (siempre desde entonces) fueron dos frases:
alghunha vez tiñas que ver un cú.
I´M eating a tuna pie en cohe de naty e ela non se entera.
ra!!!sabes qué??? ya te conté lo del show de martina el 21, pues los d esanta comba, estes que vienen a la casa de piedra y son colegas de anti y roci, dijeron que martina era amy winehouse (cómo se escribe????) de pequeña!!!!y tenían razón: con ese vestido, ese pelo, eses tacones que hacían que anduviese tambaleante como ella, cuando se acecó a ligar con triki, jajajja!!!
y anoche se hizo una año de "has llamado ma rosi" jeje, ramón, vuelve!!!!