Outra característica miña é a incontinencia que sufro e que sufrín, sobre todo, durante o ano que pasei en Aveiro.
Son memorables dúas escenas:
Unha noite calquera saímos do Bombordo (o bar onde íamos sempre) xa con ganas de mexar. Logo aínda estivemos un bo anaco na Praça do Peixe falando e eu pensei:
-Ben, non mexes na rúa que en breve chegamos a casa.
Pero non chegamos.
Éramos un grupo bastante grande de xente e cada un ía quedando na súa casa segundo íamos pasando. Ó final eu empeñeime en acompañar a Silvia ata a súa casa, que era a última. Despedinme e marchei. Pero cando estaba na praza que había xusto detrás do seu edificio comecei a notar algo húmido no meu pantalón. Rápidamente dinme conta de que me estaba mexando pero non podía facer nada para evitalo.
Tranquilamente acabei de miccionar (forma dina de dicir mexar, para que vexades que non son un ordinario) e marchei durmir. Eran as 5 da mañá e facía dúas horas que saíramos do Bombordo. Eu estaba borracho. (Esta útima frase que non a lea a miña familia, por favor).
Outra anécdota curiosa foi cando íamos de excursión á Serra da Estrela.
Eu tiña ganas de cambiarlle a auga ó canario (outra forma dina de dicir mexar) pero non tíñamos previsto parar ata chegar ó cume.
Ademais non podíamos parar o autobús naquela estrada porque entorpeceríamo-lo paso de outros coches, así que a aguantar.
Entre os ánimos de tódolos erasmus (incluso a nixeriana e as rusas me apoiaban) conseguín chegar a Serra da Estrela.
Na media hora que estivemos alí mexei dúas veces e máis ou menos un litro de ouriña.
¡Menudos apuros paso por culpa da vexiga!
3 comentarios:
Ya veo que has actualizado, por fin! Si es que el beber conlleva a evacuar y te entran unas ganinas de mesiar!!
Puedes hacer una cosa; compraté una botellita para casos de emergencia,jajaja
Bikiños gallegín!
Ramon,son unha...miembro da tua familia e acabo de enterarme que te emborrachastes unha vez,menos mal que sei que solo fui unha,este vai ser un gran secreto de familia por deus,que tes un nome.SEGUN A CONSTITUCION....de ahora pa diante de borrachera non e de mexar por ti .....tampouco tes dereito.
Uy! Que sutil eres, Rosa!
Camuflada baixo esas iniciais!
jejejejeje
Alégrome de que , por fin, aprenderas a firmar.
Espero que, a partir de agora, firmes sempre.
Ah! E animo a todo o mundo a firmar, porque aquí moito entrar e ler as historias, pero ninguén firma!!
Vou facer folga se non me comentades!
Publicar un comentario