31 de julio de 2007

Crueldade

Teño un problema. Grave.
Creo que son cruel. Moi cruel.

Non fai falta que volo conte a moitos de vós, pero a veces a miña crueldade chega a límites insospeitados.
Gústame ver fotos e imaxes de mortos e feridos en accidentes, guerras ou asasinatos.
Unha das ilusións da miña vida é saír vivo dun atentado terrorista. Que estoupe a bomba perto e que non me pase nada. Como moito que quede ferido de levedade, pero os que estean ó meu redor (obviamente que non sexan persoas que eu quero) morran e queden en anacos.
Xa sei que resulta moi macabro o que estou a contar, pero paréceme que ten que ser unha experiencia única. Sen dúbida.

Pero a miña crueldade xa comezou cando eu era pequeno.
Estaba en quinto de EXB. Doña Rosa Brea era a nosa profesora.
Un día na clase contounos que saíra no xornal ou no parte unha noticia moi triste.

Unha familia de Coristanco tiña un pozo negro (lugar aonde van para-las heces dos animais). O pai da familia caeu dentro; un irmán foino rescatar e tamén caeu dentro; logo a nai pretendía axudar e tamén caeu dentro do pozo; e finalmente, outro dos irmáns foi na súa axuda e tamén caeu.
Ó final, catro mortos da mesma familia. Só sobreviviron o irmá pequeno e o segundo maior, que non pasaban por alí, se non tamén caerían.

Despois de conta-la historia, toda a clase quedou seria e triste, pero eu non podía parar de rirme ca imaxe que tiña na cabeza. Imaxinábame á familia nunha fila e caendo un por un no pozo cheo de merda.
¿Hai algo máis humillante que dicir que toda a túa familia morreu nun pozo de merda?
Imaxino ó fillo menor dicindo na escola:
-Os meus irmásn e os meus pais morreron ca merda ata as orellas.

Pobre neno. Pero pobre por tódalas collejas que debeu comer na súa adolescencia.
O recordo que teña da súa familia será chea de merda de vaca.
E o peor de todo son os traballadores da funeraria. ¡Quen vería ós pobres quitándolle a merda do corpo! ¡Meus galáns!

Pasaron doce anos dende que Doña Rosa Brea nos contou a historia, pero aínda hoxe me segue facendo gracia.

Por suposto, Doña Rosa enoxouse comigo e castigoume. Pero eu aínda non aprendín.


http://www.elmundo.es/papel/hemeroteca/1994/05/03/sociedad/712767.html

Casualmente atopei a noticia daquel día.
El Mundo, 3 de maio de 1994.

2 comentarios:

Menchu dijo...

¿es topicazo lo de los gallegos y el humor negro?

Ramón dijo...

Es un tópico... pero es verdad!
Al menos yo cumplo todos los tópicos que tenemos los gallegos.
¡TODOS!
Bueno, menos el de paleto ;)