29 de julio de 2008

Kamasutra

A canle de música que había que ter conectada sempre no hotel tiña as súas horas erótico-festivas (¡uuuuuuu, musiquita sepsi!). A iso das 22.30 horas (que é como a unha da mañá para nós) comezaban a aparecer na parte inferior da pantalla diferentes posturas do Kamasutra con imaxes que as exemplificaban.
Aí van os nomes dalgunhas delas (con traducción by me). Déixovos á vosa mente e a vós que imaxinedes as posturas.

Tulips around my organ (Tulipáns arredor do meu órgano). O órgano imaxínome cal é, pero os tulipáns... (?)
Pump handle (Manexa-la bomba). As bombas hainas que manexar con delicadeza, se non, estoupan.
Using a compass to navigate (Usando unha brúxula para guiarse).
Manual 69 (Un 69 manual). Claro, antes hai que saber o que é un 69 (aparte dun número) para despois facelo manual.
You scratch my back (Ráña-las miñas costas). ¡Ui, que paixón!
Double-handed superman (O superhome de dúas mans). ¿A que se refire?
The human hurdle (O home-valla). Tampouco sei a que se refire ;)
Pipe of peace (A pipa da paz). Hai xente á que lle gusta moito fumar. Éche un vicio como calquera outro.
Splitting the atom (Dividindo o átomo). Aquí perdinme un capítulo.
Blue tongue (Lingua azul). Isto sóame ó das vacas tolas.
Balance beam (A viga equilibrada). Carallo que para chamarlle viga ten que ser ben grande. Eu sei dun que lle chamaba Manolo.
The prelude (O prólogo). Os prólogos son aburridos. Pasemos á historia en si.
You’ll believe a girl can fly (Crerás que unha muller pode voar). Eu se non o vexo, non o creo.
Unificate (Unificados). Esta postura parece aburrida.
The hood of the cobra (A capucha da cobra). E esta despistoume. ¿A capucha da cobra? Se cadra traducino mal.
Feeding of the 5001 (O alimento de 5001). ¡Ui, que flipadooooooo!
Kneeling at the throne (Axeonllándose ante o trono). Ós superiores sempre lle hai que ter respecto, e se hai que axeonllarse, pois axeónllase.
The trapezoid (O trapecio). ¿E isto como se fai?
The lady’s driver (O conductor de mulleres). ¡Desta imaxe lémbrome! El ponse por detrás, ela diante de costas e ¡a conducir!
Look ma, no hands! (¡Mira, mamá, sen mans!). !Coidado, non rómpa-los dentes!
Split the bamboo (Parti-lo bambú). Esta debe de ser unha postura chinesa porque eu non a entendo.
Bend over backwards (Dobrarse cara atrás). ¡Que dor, que incómodo!
The aeroplane (O avión). Nin idea de como pode ser.
The buffet (O bufet). Esta si que sei como pode ser.
The flowers in bloom (As flores florecendo). ¿Que podo dicir desta? Pois só que creo que na miña traducción hai unha redundancia, repetición ou cacofonía. Ou se cadra as tres xuntas.
Sharpening the spear (Afiando a lanza). A lanza sei o que pode ser, pero non sei con que a afían.
Tarzan & Jane. Nunca vin a película, así que non sei o que fan.
The morning surprise (A sorpresa matutina). Cada vez que leo o nome desta postura non sei por que sorrío.
Mow the lawn (Corta-lo céspede). ¿Pero que invento es este? ¿Como se fai?
Conveyor belt (Cinta transportadora). Outra que non consigo imaxinar.
Nut cracker (Galletiña salgada). ¡Debe estar boa!

Estas son algunhas das que aparecían, pero aínda había unhas cantas máis. Debe de ser para que os ingleses non se aburran polas noites.
A miña favorita da lista é a de ¡Mira, mamá, sen mans! Espero que todo o que di na frase non sexa literal. É dicir, o de conseguir facer algo sen mans está ben, pero o de que a nai estea vendo como o fan... Por moi liberais que sexan non está bonito que a nai dun estea presente neses momentos. Pero bueno, os ingleses sonche así de raros.

¿Deivos algunha idea para a próxima cita?

2 comentarios:

Napi and Lisa Murphy dijo...

Prégoche perdoes,
meu galego non é moi ortodoxo,
(e ¿iso qué carallo é?
preguntome eu,
maestro da estulticia e a mesturanza)
Pero aínda que sexa en castrapo
tentarei a escrita na lingua dos galos.
Moito nos reimos, a miña dona e máis eu, cas posturas do Kamasutra e as explicacions,
carallo cos ingleses!
Iso de ter as antigas colonias na porta da casa debelles facer esquecer toda a educación isabelina.
O Ceo Perdoe a suas faltas!
Que degeneración!!!!

Ben, xa vín que os teus fans
sentirianse estafados se publicases
nun sitio distinto, fas ben. . .
pero en
Dímelo Tú
esperamos teus comentarios con impaciencia.
Tí es un tío grande, man, e olvidadizo e despistao
(po-lo que dís)
usease coma eu

Un forte aperta, meu "amicci"

Menchu dijo...

Dios!

Cuanto camino por recorrer...